A AGAL pídelle á RAG un maior reforzo na irmandade coa Lusofonía

Lembra que Carlos Casares abriu, cando era presidente do Consello da Cultura, o debate sobre a adopción das grafías -nh- e -lh-.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/07/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A  Associaçom Galega da Língua (AGAL) saúda o nomeamento de Carlos Casares como futuro homenaxeado do Día das Letras do 2017, pero aproveita este motivo para reclamarlle á Real Academia Galega “um maior empenhamento no reforço da irmandade com a Lusofonia que todos os setores políticos e socioeconómicos galegos estám a reclamar a partir da aprovaçom da Lei Paz Andrade (LPA)”.

Carlos Casares
Carlos Casares | Fonte: RAG.

Esta entidade, que saúda o nomeamento de Casares, aproveita para criticar que non se quixera escoller a Carvalho Calero para evitar reabrir o debate normativo.  “Hoje em dia a ninguém escapa que evitar um autor por essa causa nom é garantia de que os outros nom se tenham pronunciado sobre a matéria, às vezes em termos bem favoráveis, como o nosso ex-sócio Manuel Maria, que ainda estamos a comemorar, e o agora escolhido Carlos Casares”, engade.

A través dun comunicado, a AGAL lembra que o propio Casares, nos últimos anos da súa vida, e cando era presidente do CCG, convidou á RAG a reabrir precisamente a cuestión da reforma normativa, para avanzar no sentido de aproximar a ortografía galega da portuguesa, coa adopción de, entre outras grafías, o e o . “Infelizmente, ele morreu demasiado novo, sem poder traduzir as suas últimas reflexons em linhas de açom para o CCG que presidia”, suliña.

Tamén lembra que o Consello da Cultura Galega (CCG) foi recentemente proposto como Observador Consultivo da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), nunha candidatura promovida pola Xunta de Galicia xunto coa República Portuguesa. “Isto pode ser umha boa notícia se este órgao já tiver umha resposta à pergunta “Para quê?”, mas poderá nom ser tam boa notícia se nom existe intençom de alterar no mais mínimo a orientaçom das políticas culturais galegas”, engade.

Por iso, insiste en pedirlle á RAG que, aproveitando esta circunstancia, traballe para reforzar os lazos de Galicia coa lusofonía e, evitar deste xeito, que a non elección de Carvalho Calero sexa intepretada por cuestións da normativa utilizada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta