Quiniela 100% galega

Haberá catorce apostas a 50 céntimos con partidos de Terceira galega, Preferente e Primeira División autonómica feminina. A Federación Galega de Fútbol aspira recadar entre 2,4 e 10 millóns de euros, dos cales preto dun 45% irá destinado os clubs galegos.

Por gcdeportes | Compostela | 14/07/2016 | Actualizada ás 08:17

Comparte esta noticia

Unha iniciativa pioneira en España coa que se pretende xerar novos recursos para o fútbol galego. A Quiniela Galega será unha realidade na tempada 2017-2018, tras un periodo de probas na vindeira campaña, con partidos da Terceira Galega, da Rexional Preferente e da Primeira División autonómica feminina. Terá o mesmo formato 1X2 do sistema clásico do fútbol español, con apostas en 14 partidos a 50 céntimos.

Acto de presentación da Quiniela Galega en Compostela.
Acto de presentación da Quiniela Galega en Compostela. | Fonte: @futgal

O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, presentou a iniciativa este mércores en Compostela xunto a Patricio Sánchez, subdirector do grupo de investigación GEN (Governance and Economics Research Network), formado por máis de 50 economistas con base na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense da Universidade de Vigo, encargado do informe para a súa posta en marcha.

Segundo o estudio encargado a GEN para a Quiniela Galega, polo que a FGF pagou 9.000 euros, o xogo de apostas aspira a mover un volume de ingresos entre os 2,4 millóns de euros “nas estimacións menos optimistas" ata os 10 millóns. Un 55% dos ingresos da nova Quiniela Galega dedicaranse aos premios, mentres que “grande parte” do 45% restante irá a mans dos clubs galegos non profesionais, que “actualmente non reciben nada” das apostas realizadas por internet por ser “un marco non regulado”, segundo indicou Louzán.

O presidente da Federación Galega de Fútbol resaltou que se trata dunha iniciativa “innovadora” en España, partido da base de que Galicia ten o mellor ratio de licenzas de fútbol por habitante ao contar con “máis de 70.000 e preto de 4.000 equipos”. No estudio de implantación elaborado por GEN, destácase o incremento do volume das apostas deportivas en Galicia, que pasou de xerar “27 millóns de euros en 2008” aos “máis de 600 millóns” que move o xogo hoxe en día no país.

A aposta mínima da Quiniela Galega será de 0,50 euros e poderá realizarse “tanto en formato papel como online” e incluirá os partidos da Terceira Galega, dous partidos da Primeira División autonómica feminina e dous de Rexional Preferente, un do grupo Norte e outro do grupo Sur.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Braulio

Pois é unha boa iniciativa e que vai dar a coñecer entre moita xente a realidade do fútbol galego masculino e feminino. E creará postos de traballo.

1 corrupcion futbol

louzan mais abanca mafiosos dos bos,ira nese acordo o patrocinio do coruxo f.c por abanca,clube presidido por gustavo falque segundo de louzan na federacion. algun dia investigaran a estes dous corruptos