Gómez Noya, adeus a Río

O triatleta galego caeu da bicicleta cando adestraba este mércores en Lugo e sufriu unha fractura da cabeza do radio do seu brazo esquerdo. Será operado hoxe mesmo. "Pode que sexa o momento máis duro da miña vida deportiva", asegura.

Por gcdeportes | Lugo | 14/07/2016 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Adeus a Río. O pentacampión mundial Javi Gómez Noya non estará nos vindeiros Xogos Olímpicos por mor da rotura do seu brazo esquerdo tras sufrir unha caída na bicicleta cando adestraba este mércores en Lugo. O triatleta galego será operado este xoves da súa fractura na cabeza do radio.

Gómez Noya celebra os cinco Mundiais.
Gómez Noya celebra os cinco Mundiais.

Gómez Noya, prata nos Xogos de Londres 2012, renunciara as Series Mundiais deste ano e a revalidar o seu título mundial para centrar toda a súa preparación para a cita olímpica do 18 de agosto. O triatleta ferrolán era unha das apostas seguras de Galicia para acadar unha medalla nas olimpiadas de Río.

O ferrolán padece "unha fractura con desprazamento da cabeza do radio" do brazo esquerdo, segundo informou a súa área de comunicación. "É difícil entender como repentinamente vai todo o esforzo e a ilusión que puxen nos Xogos. Pode que sexa o momento máis duro da miña vida deportiva. Pero non me queda máis remedio que asumilo e pensar en ter unha boa e rápida rehabilitación", explicou o cinco veces campión do mundo á Axencia Efe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta