Temas: FúTBOL

Dez equipos participarán na I Copa da Costa de fútbol praia

A area de Canido acollerá a uns 120 homes e mulleres loitando por seren os primeiros campións da historia da Copa da Costa de fútbol praia.

Por Galicia Confidencial | Malpica | 15/07/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un total de dez conxuntos costeiros, seis masculinos e catro femininos, loitarán pola I Copa da Costa de fútbol praia que se celebrará o vindeiro sábado 23 de xullo de 2016 na praia de Canido (Malpica de Bergantiños).

A selección galega de fútbol praia, vencedora nun pasado torneo en Canarias.
A selección galega de fútbol praia, vencedora nun pasado torneo en Canarias.

Todos os asistentes poderán desfrutar dun total de 21 encontros dunha modalidade deportiva na que tanto Galicia como España son unha potencia mundial. A mostra máis clara deste potencial é o pontecesán Ramiro Amarelle, considerado o mellor xogador de fútbol praia da historia e quen ademáis é unha parte moi importante desta competición ao colaborar coa organización en todo o posible.

Este novedoso campionato dará comezo ás dez e media da mañá coa disputa do primeiro encontro do día e finalizará ás nove da noite coa entrega de trofeos.

Esta nova iniciativa, posta en marcha pola Asociación Deportiva Vidú de Corme, tratará de fomentar, ano tras ano, unha modalidade deportiva practicamente inexistente na Costa da Morte.

Horarios da xornada

10.30h. Corme CF – Sporting Seaia, grupo A da categoría masculina

11.00h. Buño SCD – SCD Malpica, grupo B da categoría masculina

11.30h. Fisober FSF – Buño SCD, grupo único da categoría feminina

12.00h. AD Atletes – Soneira SD, grupo único da categoría feminina

12.30h. Corme CF – SD Esteirana, grupo A da categoría masculina

13.00h. Buño SCD – Muxía CF, grupo B da categoría masculina

13.30h Fisober FSF – AD Atletes, grupo único da categoría feminina

14.00h. Buño SCD – Soneira SD, grupo único da categoría feminina

14.30h. Sporting Seaia – SD Esteirana, grupo A da categoría masculina

15.00h. SCD Malpica – Muxía CF, grupo B da categoría masculina

15.30h. Fisober FSF – Soneira SD, grupo único da categoría feminina

16.00h. Buño SCD – AD Atletes, grupo único da categoría feminina

16.30h. 5º e 6º posto da categoría masculina

17.00h. Primeira semifinal da categoría masculina (1º grupo A – 2º grupo B)

17.30h. Segunda semifinal da categoría masculina (1º grupo B – 2º grupo A)

18.00h Primeira semifinal da categoría feminina (1º grupo único – 4º grupo único)

18.30h Segunda semifinal da categoría feminina (2º grupo único – 3º grupo único)

19.00h. 3º e 4º posto da categoría masculina

19.30h. 3º e 4º posto da categoría feminina

20.00h. Final da categoría masculina

20.30h. Final da categoría feminina

21.00h Entrega de trofeos

Temas: FúTBOL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta