Temas: TOURADA

Inician unha campaña para prohibir unha tourada privada en Abegondo

A Asociación Animalista Libera apoia a postura do concello, contrario ao evento, e reúne 5.000 sinaturas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/07/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Abegondo do pasado mércores serviu para denunciar o proxecto dun empresario local que pretende organizar unha novillada sen picadores para o próximo 27 de Agosto, coincidindo coas festas de San Marcos da localidade coruñesa.

Cadea humana contra as touradas en Pontevedra
Cadea humana contra as touradas en Pontevedra

Durante o debate plenario o propio rexedor abegondés rexeitou públicamente autorizar un espectáculo taurino. Esta é a denuncia foi realizada polo edil Pancho Niño, de Foro Veciñal de Abegondo-Son, despois de que a Asociación Animalista Libera contactase con este grupo municipal.

De feito, os animalistas iniciaron unha campaña a través das redes sociais para avalar a que debería ser postura oficial do consistorio. Así, en menos de 24 horas, a petición contida na plataforma Change.org sumou máis de 5000 rúbricas.

Neste senso a iniciativa dos defensores dos animais subliña como as novilladas son especialmente crueis. Na exposición de motivos da petición, LIBERA! lembra como os bóvidos que se puidesen trasladar a Abegondo serían "atravesados por 80 centímetros de aceiro o que lles perforará os músculos e os seus órganos vitais, provocando unha morte lenta, agónica e dolorosa".

Os animalistas tamén denunciaron a "surrealista ocorrencia do potencial promotor deste evento de crueldade animal", ao tratar de impor unha actividade allea a Abegondo e á comarca, onde a cidadanía rexeita maioritariamente que os malos tratos dun ser vivo poidan ser camuflado como un acto festivo.

A organización subliña que durante o último ano os dous municipios da provincia, A Coruña e Padrón, que subvencionaban eventos tauromáquicos desistiron desta actividade en resposta ás demandas cidadás que reclaman "pechar a billa" do uso de diñeiro público como promotor da violencia cara aos animais como suposta forma de lecer.

Temas: TOURADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta