Espazo-Equo súmase á declaración dos alcaldes e pide "primarias abertas"

Aclara que non se busca substituír unha coalición de partidos por unha de mareas, senón de construír un "espazo de cidadáns".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2016 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A mesa nacional da cooperativa ecoloxista Espazo-Equo acordou por unanimidade sumarse ao proceso de confluencia definido na declaración dos alcaldes das mareas de A Coruña (Xulio Ferreiro), Santiago (Martiño Noriega) e Ferrol (Jorge Suárez).

Xulio Ferreiro, membros da Marea Atlántica e representantes de ANOVA, EU, Espazo-Equo e Podemos Coruña
Xulio Ferreiro, membros da Marea Atlántica e representantes de ANOVA, EU, Espazo-Equo e Podemos Coruña

A decisión tomouse este sábado, na que foi a primeira asemblea constituínte dende o pasado 28 de maio, segundo indicou a formación nun comunicado este domingo.

Neste contexto, coincidiu coa declaración dos alcaldes en que o formato de coalición En Marea "está superado" e na "necesidade" de construír unha "nova e única" plataforma política na que se integren os diversos axentes políticos e sociais que, como no caso de Espazo-Equo, quedaron "á marxe" de En Marea. Ademais, apoiou a "aceptación" como "metodoloxía" das propostas achegadas por Mareas en común.

Así, a mesa nacional de Espazo-Equo fará un chamamento aos seus membros e simpatizantes para que se adhiran a este proceso e participen no encontro constituínte previsto para o próximo 30 de xullo, do que sairá unha "nova En Marea baseada nos principios de "radicalidad democrática", "adscrición individual", "transparencia" e "ética".

"ESPAZO DE CIDADÁNS"

Espazo-Equo indicou tamén que os documentos e metodoloxía achegados por Mareas en común deberán ser o "núcleo" do novo proxecto. Non obstante, sinalou que non se busca substituír unha coalición de partidos por unha de mareas, senón de construír un "espazo de cidadáns".

Para iso, asegurou que se debe buscar unha fórmula que asegure a "construción única" de recursos "organizativos e financeiros" e do proxecto "político e programático común".

Ademais, os ecoloxistas aseguraron que só se estará ante unha "nova etapa" se se aproba un regulamento para convocar unhas "primarias abertos" sobre a base de "libre concorrencia" para decidir os candidatos do novo proxecto á presidencia da Xunta e ao Parlamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 J. Cousido

Ben feito. É precisa a unidade contra o PP.

2 Comunista da OTAN

Juas sumándose á declaración dos baróns como se fosen baróns e todo e piden primarias controladas e tutleadas. Non esperaba menos do espazo taxi

1 Loureiro

Primarias abertas como cando elixiron a Jorge Suárez?