¿Galicia debe de ter Marea?

EnMarea, Mareas en Común, Marea Atlántica, Marea Viva......moita marea para un cidadán normal, moita marea para un cidadán do montón. Ás veces os pensadores, os ideólogos, os politólogos, esquécense un pouco do mundo real, do mundo dos cidadáns que día a día teñen que levantarse á 6, ás 7 ou á 8 da mañá e traballar 8 ou 10 horas para gañar 1.000 euros e que non teñen tempo para escarbar nas reviravoltas da política e diferenciar que é que, e quen é quen, en toda esta marusía.

Por Carlos González Armada | Vigo | 20/07/2016

Comparte esta noticia

Non quero falar de Marea, quero falar de confluencia, e quero falar de confluencia porque o mandato que a xente deu aos políticos non foi ter unha marea, foi ter unha confluencia, e diferenciar este aspecto é vital, porque a marea, ou as mareas non son unha confluencia....son pactos políticos, de vellos cadros políticos, encabezados por vellos políticos de toda a vida.....e ese non foi o mandato real da cidadanía, e en base ese foi o motivo do "fracaso" electoral do 26J de EnMarea.

Partindo desta base poderiamos debater se é posible unha confluencia cidadá real....eu creo que non. Poderiamos debater se a forma correcta de montar un partido é con cadros e con estrutura organizada.....eu creo que si. Pero existe algo que é evidente, non se pode enganar á xente, non se lle pode vender unha moto moderna e despois de cobrar entregarlle unha antigualla. Non se pode dicir que estamos nunha marea totalmente aberta aos cidadáns e que os cadros, os políticos profesionais, sexan os que deseñen as regras que coartan de forma velada a participación deses cidadáns, non se pode vender ao mesmo tempo participación real dos cidadáns e un candidato de consenso,.....non se pode mentir.

Eu creo en que Galicia ten a súa propia idiosincracia e por iso non vale a mesma fórmula electoral que para España, eu creo que podemos é o partido de referencia, e non un partido de recheo como se pretende implantar, eu creo que si é necesario un candidato de consenso, pero que é necesario dicilo con claridade.....isto é un partido político que estamos a montar desde pactos de organizacións de esquerdas, coa intención de derrotar á dereita e poder facer políticas sociais que nos beneficien a todos...iso débeo de saber o cidadán, e non venderlle unha moto que non acende e que nunca arrincará, porque despois de tres intentos o comprador botara a moto ao cascallo e non volverá comprar ningunha, nunca máis.....ao pobo debe dicírselle a verdade.....SEMPRE!!!.

Baseándome nesta teoría explicada, teño que manifestar que si é necesario un candidato de consenso, eu diría máis, unha candidatura de consenso.....e a miña aposta, o que creo que sería unha alianza formidable, sería que Xose Manuel Beiras encabezase esa candidatura e Carmen Santos Queiruga, en representación de Podemos fose a numéro 2....e a esa candidatura de consenso uniríanse libremente e sen trabas, todas as formacións de esquerdas rupturistas ou reformistas que quixesen engadirse, incluso os grupos de opinion existentes, tal e como manifestou o propio Xose Manuel Beiras á súa saída do congreso nacional de Anova, este sábado día 9 de xullo.

Iso sería unha confluencia, o que están a montar EnMarea e Mareas en Común, baixo o meu punto de vista, é un pacto de partidos. Non direi eu que iso sexa malo, non, nin moito menos, só digo que a cada cousa hai que chamarlle polo seu nome. É máis, vou ir máis aló, se me apuran e baixo a premisa da idiosincracia galega, o correcto sería que Podemos Galicia se presentáse en solitario, como partido nacional que é, baixo un pacto con EU ou sen el, baixo o formato de Unidos Podemos ou en solitario como podemos, e sempre con Carmen Santos Queiruga á cabeza, coa previa decisión das bases tal e como marca a folla de ruta da propia Carmen Santos Queiruga. Doutra banda presentaríase unha confluencia de partidos galegos, Galeguistas e nacionalistas, con Xose Manuel Beiras á cabeza como candidato de consenso, e tras as eleccións e cada cal co seu resultado, poderían pactar goberno, oposición ou políticas a executar.

As bondades desta fórmula é que se as formacións galegas encádranse dentro dun marco de pacto nacional, (Podemos, EU, EQUO, etc), estarán suxeitas a non poder defender actuacións que poidan prexudicar a outras partes de España. Con todo coa fórmula de ir os partidos galegos de forma independente, poderase gobernar ou estar na oposición de forma conxunta, pero en determinados temas que sexa necesaria a exprésa defensa de Galicia, os partidos galegos poderán executar o seu mandato de defensa da terra sen ter que arrodillarse aos intereses comúns do estado.

Si, Galicia debe de ter confluencia, pero debe de ser aclarada cal e para que, e debe de facerse de forma que os galegos sexan os beneficiados, e cando digo galegos refírome a TODOS os GALEGOS e non a uns poucos que pactan a forma máis adecuada de chegar ao poder. Fagamos unha marea, pero fagamos unha marea na que non nos afoguemos todos, non vaia a ser que esteamos a fabricar a tormenta perfecta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA