A Coruña pásase á bici

Este concello anuncia unha rede de itinerarios ciclistas de 107 quilómetros, seis veces maior á actual, que unirá a cidade e a universidade coa área metropolitana.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/07/2016 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

A Coruña tamén se pasa á bici. Na actualidade conta cunha rede de carril bici de 17,3 quilómetros, constituída por varios tramos que non teñen conexión entre si. Por un lado, un ramal bordea o litoral, dende O Portiño até a Mariña, e polo outro, existe outra conexión que discorre pola Avenida Pablo Picasso e que enlaza co campus universitario de Elviña.

Un carril bici en Carballo
Un carril bici en Carballo | Fonte: Turismocarballo.com

Por iso, o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, anunciou que se unirán estas zonas con novas pistas ciclistas e a implantación dun carril bici con separación física no tramo entre a praza de Mina e o parque de San Diego. A rede compleméntase cos carrís bici da praias de Oza e do parque de San Diego, así como o que acompaña ao novo viario de conexión de Novo Mesoiro.

A intención do Goberno local é crear e sinalizar unha rede de itinerarios ciclistas por toda a cidade composta tanto por carrís bicis como por vías de coexistencia. Ademais, entre as actuacións previstas, tamén se atopan as de ampliar a rede de aparcabicis, potenciar o servizo actual de alugueiro de BiciCoruña e fomentar a intermodalidade. A intención do concello é que, dentro de tres anos, a rede de itinerarios ciclistas sexa de 107,2 quilómetros", é dicir, seis veces máis grande que a actual.

En canto ás actuacións máis inmediatas atópase o proxecto, en colaboración coa Deputación da Coruña, que achega fondos, de incorporar o carril bici situado dentro da cidade na rede do carril bici metropolitano, creando conexións (de aproximadamente 5,5 quilómetros) cos concellos de Culleredo e Arteixo. Do mesmo xeito, nesta primeira fase tamén se contempla a conexión do carril bici universitario co metropolitano (1,7 quilómetros), para logo continuar co desenvolvemento da rede ciclista, así como coa ampliación das zonas de estacionamento de bicicletas e a ampliación gradual do servizo de BiciCoruña.

APARCABICIS

A intención do Goberno local pasa por "artellar unha malla de conexións por toda Coruña onde se poida usar a bicicleta, tanto a través de zonas físicamente diferenciadas como os carrís bici, como a través lugares de convivencia, camiños ou vías ciclables", apuntou Daniel Díaz Grandío..

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío
O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío | Fonte: coruna.es

Por outro lado, o departamento de Mobilidade Sostible tamén aposta pola creración dunha rede de infraestruturas de aparcamento e servizos adicionais para os usuarios de bicicletas, "liberando as beirarrúas de obstáculos e de vehículos, aínda no caso de que estes non sexan motorizados". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta