Ana Pastor dá plantón ás vítimas de Angrois

A presidenta do Congreso convocounas a unha reunión no ministerio de Fomento pero non acudiu alegando que acababa ser nomeada presidenta do Congreso. Indignadas, as vítimas din que é unha "covarde". Ao encontro, que apenas durou cinco minutos, asistiron o secretario de Estado de Infraestruturas e o presidente de Renfe.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/07/2016 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

O presidente da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, criticou este martes a ausencia da nova presidenta do Congreso, Ana Pastor, na reunión coas vítimas do accidente ferroviario en Santiago no que morreron 81 persoas. "É un covarde, fuxiu e non quixo dar a cara. Non queremos que nos sigan enganando", asegurou sobre a ata agora ministra de Fomento.

Víctimas do Alvia diante do ministerio de Fomento
Víctimas do Alvia diante do ministerio de Fomento | Fonte: EP

Na reunión no Ministerio de Fomento, a terceira sobre este tema e que a penas durou 5 minutos, estiveron presentes o Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Julio Gómez-Pomar, o presidente de ADIF, Gonzalo Jorge Ferre, o presidente de RENFE, Pablo Vázquez e máis membros do Ministerio de Fomento. Por parte dos afectados acudiron máis de 15 persoas vítimas do accidente.

"Estamos moi sorprendidos coa ausencia tanto de Pastor --ata agora ministra de Fomento-- como de Catalá --que asumiu as tarefas deste Ministerio tras o nomeamento de Pastor como presidenta do Congreso--. Hai xente que viaxou dende distintos puntos de España. Persoas que perderon os seus fillos e os seus irmáns. Parécenos un engano porque ela xa sabía que ía ser presentada como candidata", reprochou Domínguez.

"Isto é un engano máis ás vítimas, é rirse dun tema no que hai 81 mortos e máis de 140 feridos. Non hai palabras para describir o que estamos a pasar. Preocúpanse máis polos negocios que polos mortos", engadiu.

Tres medidas

Os representantes das vítimas pediron tres medidas ao Goberno: a creación dunha Comisión Técnica Independente, a creación dunha Comisión de Investigación Parlamentaria e que Pastor, como máxima representante do Ministerio de Fomento, pida perdón publicamente ás vítimas e familiares.

Respecto á comisión independente, as vítimas esixiron que estea formada por catro membros propostos pola Axencia Ferroviaria Europea -- ERA polas súas siglas en inglés--, dous membros propostos polo Ministerio, dous membros propostos polas vítimas, así como manter informada periodicamente unha persoa en representación das victimas.

Falta de independencia

A principios do mes de xullo, a Axencia Ferroviaria Europea fixo público un informe no que no que concluíu que a investigación realizada por España pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) non foi independente e que nela só se tivo en conta o fallo humano e non estrutural.

"Queremos que a ministra Ana Pastor, actual presidenta do Congreso, pida perdón por estes tres anos perdidos, nos que se ocultou información", apuntou Teresa Gómez-Limón, voceiro das vítimas, exdeputada na Asemblea de Madrid polo PP e vítima do accidente. "Estamos dispostos a seguir reuniendonos cando se cumpran os tres requisitos que pedimos. Non queremos máis palabras baleiras", engadiu.

De igual modo, unha das vítimas recoñeceu que sente "impotencia e rabia" por como se están a desenvolver os acontecementos. "Non temos nada que facer pero seguiremos loitando. A nivel social axudáronnos moito pero non aconteceu igual cos catro grandes partidos. Nin sequera nos pediron perdón", lamentou.

Nomeamento de Ana Pastor

Gómez-Limón referiuse ao nomeamento de Ana Pastor como nova presidenta do Congreso como un feito que "só pasa en España". Fixo unha comparación cun ministro de Defensa alemán, que dimitiu por plaxiar a súa tese doutoral ou o caso da dimisión do ministro de Enerxía británico por ocultar unha infracción de tráfico. "E Ana Pastor, con 80 mortos ás súas costas, en vez de castigalo, prémianlle coa presidencia do Congreso", declarou.

Tamén estivo presente no Ministerio de Fomento o fillo de Gómez-Limón, Víctor Taibo, quen protagonizou este martes un incidente no Congreso ao lanzar un papel contra Ana Pastor en modo protesta. Agradeceu a En Marea que lle permitiran "levar a voz das vítimas" á Cámara.

"Estamos molestos co nomeamento de Ana Pastor xa que se produce pouco despois da publicación do informe da UE", indicou.

Respecto á descrición por parte do PP e de C 'S de Ana Pastor como alguén non manchado pola corrupción, Taibo distinguiu casos de corrupción económica e outros de "mentir a 80 persoas que morreron".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 galegoexiliado

Pois que se ande con moito coidado, que como se enfaden os galegos son capaces de darlle outra maioría absoluta, porque os galegos moito protestar, pero a hora de votar, sempre PPoPPular.Si os cidadans premian a corrupción o xefe da banda premia aos seus axudantes. Expaña va .... MEJOOOOOORRRRR.

1 malhado

era o que estaba pensando eu

3 Leo

É indignante, non ter unha hora para recibir as vítimas...logo ènchense a boca falando de vocación de servicio público mentras depredan os nosos cartos.

2 Ana

O curioso deste asunto é que nesta noticia non aparecen os comentaristas habituais de partido (BNG vendido ao PsoEspañol ou Anova entregado a Podemos) ou de partida de bandoleiros dedicados á política. Os cans non ladran ante a inxustiza, só cando lles manda o seu amo!

1 Loisc

Pero quen levou este tema ata o final?? BNG con Ana Miranda!!! E agora outros suben ao carro... Benvidos por certo! E eso que o BNG sen deputados, senadores e eurodeputados... Fan máis con 0 que a Marea con 7...

2 gomesende

concordo coa Ana. certo que Ana Mirando na porta do BNG cara a Marea de Podemos foi activa. certo tamen que o BNG pacta e disfruta encantado co PSOE de Pepiño o Branco maximo responsable politico de Angrois. logo os canciños ladrade baixo, tipo raposo

1 Gamela

Ana Pastor elevada á Presidencia do Poder Lexislativo (sabe como sortear o cumprimento das leis!) e non esquezamos a Pepiño Blanco que disfruta das prebendas de Europarlamentario grazas ao PSOE... Unha Historia para NON ESQUECER !!! http://goo.gl/fSe0uy