Temas: NATACIóN

8 nadadores olímpicos participarán na IV Travesía do Miño

Neste evento hai preto de 200 inscritos que participarán en probas de 200 metros, 1.500 metros e 5.000 metros.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 21/07/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A IV Travesía do Miño Cidade de Lugo congregará á beira do río Miño este sábado a uns 200 deportistas, 8 deles olímpicos.

Presentación da  IV Travesía do Miño Cidade de Lugo
Presentación da IV Travesía do Miño Cidade de Lugo

A Travesía a Nado Cidade de Lugo é unha competición de aguas abertas que puntúa para o campionato galego de natación, tal e como deu a coñecer Timiraos. Hai tres percorridos diferentes, unha proba popular de 200 metros, outra de 1.500 e a última de 5.000 metros.

Durante a presentación deste evento, o concelleiro de Deportes de Lugo,Miguel Fernández subliñou que esta travesía enmárcase na aposta do Concello polas competicións deportivas como elemento dinamizador da cidade. “Esta fin de semana, Lugo respirará deporte”, asegurou o edil, pois terán lugar tanto esta travesía como o Tríatlon do Miño o domingo. Neste senso, Fernández destacou a importancia destes dous eventos como elemento de promoción dun dos tesouros da cidade, o río Miño, e de todo o patrimonio lugués, así como para transmitir valores como esforzo; ao tempo que convidou a todos os lucenses a achegarse ao río para gozar desta competición.

Miguel Fernández tamén se amosou satisfeito de colaborar co Club PortaMiñá, ao que destina unha achega económica de 7.000 euros, e ao que lle agradeceu  o impulso que fai polo deporte de base, un compromiso que comparte do Concello, que ano tras ano vén apostando polo deporte, en todas as modalidades, como parte formativa e de crecemento dos cativos

Pola súa banda, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, quixo felicitar ao Club PortaMiñá, co que colabora o organismo provincial cunha achega anual de 10.000 euros, pola organización dunha nova edición da Travesía a Nado Cidade de Lugo, “un evento que o ano pasado reuniu a máis de 150 nadadores e que o sábado seguro repetirá éxito, coa presenza confirmada de destacados deportistas nacionais e internacionais", sinalou.

Os participantes no 2015, nos primeiros metros da natación.
Os participantes no 2015, nos primeiros metros da natación. | Fonte: @NorthwestTriman

Temas: NATACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta