Nace o "documento galego de identidade" a través da Rede

A asociación PuntoGal celebra o Día da Patria poñendo a disposición no seu web 'dominio.gal' do "Documento Galego de Identidade (DGI)", que os usuarios poderán "personalizar, descargar e compartir en redes sociais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2016 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

A asociación PuntoGal celebra o Día da Patria poñendo a disposición no seu web 'dominio.gal' do "Documento Galego de Identidade (DGI)", que os usuarios poderán "personalizar, descargar e compartir en redes sociais".

- Baixo o lema Celebremos a Nosa Identidade, PuntoGal conmemora a festa do 25 de xullo de 2016 co lanzamento dun Documento Galego de Identidade, na imaxe o modelo de Rosalía de Castro
- Baixo o lema Celebremos a Nosa Identidade, PuntoGal conmemora a festa do 25 de xullo de 2016 co lanzamento dun Documento Galego de Identidade, na imaxe o modelo de Rosalía de Castro | Fonte: dominio.gal

Segundo comunicou a asociación nunha nota de prensa, a iniciativa enmárcase dentro do lanzamento da súa nova páxina web e para "resaltar e visibilizar o orgullo de ser galego" de cara á celebración do 25 de xullo.

Co gallo do 25 de xullo a Asociación lanza unha nova promoción para aumentar o número de .gal, que arestora supera os 3.200 segundo datos de NTLDstats. A rebaixa no prezo dos dominios estará vixente entre o 25 de xullo e o 7 de agosto en rexistradores como Dinahosting, única operadora galega acreditada pola ICANN. Os dominios .gal ofreceranse a menos de 20 euros (máis IVE).

Ademais, dentro da nova páxina da asociación PuntoGal poderá atoparse información sobre a entidade, así como historia da creación do dominio galego, os "momentos máis relevantes do proceso" ou unha lista de entidades, asociacións e as primeiras páxinas que empregaron o '.gal'.

Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL
Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL | Fonte: ortegalingua.blogspot.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Jorge Juiz

Boas noites dende Navalcarnero, en Madrid! ¿Como consegui-lo Documento de Identidade Galego?!

3 Bufffff

Qué mal gusto e qué desconsideración cos que padecen cacofobia. Sabendo como saben que a imaxe de Rosalía é o paradigma da fealdade...

1 diga_33

Bah, estaba mais boa ca ti, princesa. E tamén millor que Gloria Fuertes, Emilia Pardo Bazán, Isabel II, Glory Lake (afeitada) e Calaza vestido de lunares. Á parte de seren bastante mellor escritora que calquera contemporánea súa, que con iso só xa chegaba para calaros e deixar de aturar ese cheiro a metílico que tedes cando falades

2 Loquetodos pensamos

Madre mía, Winter is coming ou que? Parecen camiñantes brancos hahahah escacho ca risa

1 Loquetodos_os_pasamos

Meu Deus! Canta tontería tedes no corpo, machiños. Se hai algo que é ridículo neste país son as conversacións do ministro do interior, ou declarar as touradas coma ben cultural, ou coller 20 metros de tea e facer un hot dog que se mova co vento, ou as enquisas que daban a ciudadanos un sorpasso sobor podemos, ou a absoluta nulidade da cultura en castelán en Galiza....Por min seguimos, que só paro para escacharme cas vosas respostas.

1 galego si expañol non

pidolle e suplicolle o que dirixa o invento do pasaporte galego que lle impidan o -Vieiras (o pedro madruga dos nosos dias) telo... TEN QUE SER SOAMENTE PARA GALEGOS!!!!

1 nostrus

Enton.....¿que criterio se emprega para ser considerado galego e ter este documento?, cor de pel ou ollos, ADN, apelidos.......Outra cousa...¿para que vale este documento?, para xogar ao monopoly, xogar a batallitas, para facerse pallas mentais os naciotas. En fin, e que estou angustiado con ese enigma.

2 Palla_ao_palleiro

Cor de pel: blanco, amarelo, negro e combinacións (non a vosa cor chea de lixo feixista). ADN: calquera, agás o voso de gurruminos. Ollos: os que permitan ver o roubo que se lle fai a Galiza, non valen cegos e interesados en seguir co mesmo de 5 séculos para aquí. Valor: Decir que somos galegos sen facer as mesmas parvadas que os que din que son españois e van gastar milleiros de millóns a Afghanistan defendendo intereses de quen nos fixo entrar na crise. De paso facer que se vos alporice ese gen na_zi que tedes os españolistas e imperialistas varios. Estou facéndome unha palha....logo te atendo.

3 nostrus

palleiro. Queda demostrado que os naciotas contentanvos con calquer cousa. Que saibas tamen que a min non me fai falta ningun carne para sentir o que son, non me fai falta que ninguen me recorde que son galego, eso podelle pasar aos que son galegos incompletos e precisan de algo para sentirse.

4 españolista incompleto

No, non vale calquera cousa, señor calqueracousa.