Temas: CORREOS

Denuncian a insuficiente convocatoria de prazas de Correos en Galicia

CSI-F denuncia que só se convocan 94 prazas, cando se perderon nos últimos anos medio milleiro de empregos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/07/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) lamenta que a convocatoria de emprego de Correos para Galicia se limite só a 94 prazas, das que 15 son de carácter parcial, de 4 ou 5 horas en Centros de Loxística. Unha oferta, di, que non cobre nin a quinta parte dos postos de traballo perdidos nos últimos anos, que ascende a medio milleiro. Para toda España convocáronse 1.606 empregos cando existen máis de 6.000 vacantes.

Motos de carteiros de Correos
Motos de carteiros de Correos | Fonte: wikipedia


Por provincias, convócanse 57 prazas na Coruña, onde se sitúan as 15 a tempo parcial, 4 en Lugo, 4 en Ourense e 29 en Pontevedra. É de destacar que A Coruña é a segunda provincia con maior número de empregos a tempo parcial ofertados de toda España despois de Madrid. Unha decisión que, segundo este sindicato, se adoptou sen negocialo previamente na Comisión de Emprego cos sindicatos.

Para CSI-F esta situación non se corresponde coa realidade laboral de Correos, que seguirá tendo persoais baixo mínimos para poder ofrecer un servizo eficiente ao cidadán. “Este déficit é manifesto en ámbitos como a repartición, e máis tendo en conta as extensas zonas rurais da comunidade autónoma”, critica.

Neste sentido,  esixe unha regulación estable, clara e transparente con novas  bolsas de emprego e reclama un proceso de consolidación de emprego todos os anos, baseado nas vacantes reais producidas e que acomode os intereses do persoal fixo no concurso de traslados cos do persoal eventual.

Tamén considera que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), coa escusa da crise, levou a cabo unha política de recortes sen que reduciu innecesariamente os postos de traballo. “Esta actuación provocou un mal funcionamento do servizo, con atrasos e acumulacións incontroladas de miles de envíos e deixando a cidadáns sen correspondencia diaria, o que supón un claro prexuízo ao servizo público postal”, critica.

Temas: CORREOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta