Temas: LUMES INCENDIOS

O Laroucofest clama contra os incendiarios e pide máis concienciación contra os lumes

Un vídeo proxectado neste festival insiste na necesidade de defender os nosos montes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/07/2016 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

A II edición do Laroucofest, que tivo lugar en Baltar a segunda semana de xullo, proxectou un vídeo no que Xuventude Concello de Baltar e a Asociación de Mulleres da Raia, coa colaboración de Amigos do Larouco fixeron un chamamento para evitar máis lumes na serra do Larouco.

O lume que afectou a serra do Larouco
O lume que afectou a serra do Larouco | Fonte: eldiario.es

Así, reclaman máis puntos de recollidas de auga, así como a limpeza dos existentes e máis vixilancia. Pero sobre todo, piden unha maior concienciación social. “Nós temos o deber de protexer a nosa serra e os nosos montes. Somos o piar fundamental e temos que inculcar aos nosos fillos e netos a importancia que ten o monte”, apuntan.

Neste vídeo pódese ver a moitos mozos que denuncian a lacra incendiaria e piden que cese a actividade incendiaria indiscriminada. 

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta