Un total de 16 novas películas galegas reciben 2 millóns de Agadic, entre elas o próximo filme de Oliver Laxe

Obteñen subvencións os traballos de directores como Xacio Baño, Eloy Enciso e Javi Camino

A CORUÑA | 20/07/2016 | Actualizada ás 19:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) adxudicou dous millóns de euros en axudas a 15 empresas audiovisuais para 16 novas obras galegas de cinema e televisión.

En total, subvencionaranse seis longametraxes de ficción, dous documentais cinematográficas e outros tres para televisión, tres curtas, unha serie de animación infantil e unha miniserie de ficción.

Entre as longametraxes atopa o próximo traballo de Oliver Laxe --tras ser premiado en Cannes por 'Mimosas' e 'Todos vós sodes capitáns'-- que se chamará 'Aquilo que arde', polo que a compañía Miramemira recibirá case 210.000 euros.

O resto de axudas a películas de ficción son para: a primeira longametraxe de Xacio Baño -- autor de curtas como 'Ser e voltar'--, que se chamará 'Trote', de Frida Films (259.000 euros); a mesma contía para 'Ás troitas cantan ao mencer', da directora Alexia Muíños e Abano Producións; 'Longa noite', dirixida por Eloy Enciso --autor de 'Arraianos'--, de Fílmika Galaika (preto de 240.000 euros). Completan a lista, o primeiro longo de Jaione Camborda, 'Arima', de Esnatu Cinema (máis de 119.000 euros) e 'Feedback', de Pedro C. Alonso, producida por Vaca Films Studio (238.982 euros).

DOCUMENTAIS, CURTOS E TELEVISIÓN

Na lista de subvencións publicada este mércores na páxina de Agadic, dependente da Consellería de Cultura, atópanse dous documentais cinematográficos: 'O futuro da mente', de Agallas Films (uns 60.000 euros), dirixida por Ruth Chao, así como 'Nación de muchachos', de Javi Camino --director da película '¡Maldito bastardo!'--, producida por Mad Mex Filmanova (case 48.000 euros).

Os tres documentais para televisión son: 'O soño de papá, de Xamalú Filmes (uns 44.800 euros); 'O segredo da ría', de Artefocal (preto de 35.000 euros), e 'Almoina, o heroe infame', de Formato Producións (case 30.000 euros).

No apartado de curtas, seleccionáronse as obras: 'The neverending wall', de Abano (15.000 euros); 'Stalk. O morto', de Matriuska (15.000 euros) e 'Mouras', de Juan Ramón Galiñanes (case 10.900 euros).

No ámbito televisivo, a miniserie de Portocabo TV 'Vidago Palace', de coprodución galego-portuguesa, terá un apoio duns 240.000 euros; mentres que a serie infantil 'O mundo de Tut'', de Ficción Producións, recibirá case 160.000 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta