Ourense incorpora vehículos eléctricos para o servizo de augas

As novas furgonetas contaminan un 68% menos coas anteriores e teñen unha autonomía de entre 80 e 125 quilómetros.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/07/2016 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

A empresa encargada da xestión del servicio municipal da auga na cidade de Ourense, Viaqua, ven de incoporar á súa frota tres vehículos 100% eléctricos.

Vehículos eléctricos para o servizo de augas de Ourense
Vehículos eléctricos para o servizo de augas de Ourense

Viaqua asegura que estos novos vehículos, tres Renault Kangoo ZE , constitúen unha aposta nos ámbitos da innovación, o desenvolvemento sostible,  e a mellora  do medio ambiente, contribuindo a reducir as emisións de CO2 á atmosfera e a loitar contra o cambio climático. 

As novas furgonetas dispoñen dunha batería de Ión-Litio cunha capacidade de 22kWH; desenvolven unha velocidade máxima de 130km/h, teñen unha autonomía inverno-verán dentre 80 e 125 kms, e o consumo normalizado é de 155Wh/km. Destacan tamén o seu motor silencioso, un interior cómodo con amplo espazo de carga e unha equipación adaptada á peculiaridade do modelo: taboleiro de abordo con económetro, transmisión de tipo automático sin cambio de velocidades, sistema de navegación, e dous modos de recarga: doméstica e pública.

A utilización destes vehículos ecolóxicos vai supoñer reducir as emisións de CO2  a atmosfera en 3,4 Tn anuais, o que supón un 68% menos respecto ás 5,04 Tn  que emitían as tres Peugeot Partner ás que sustitúen. Sirva como referencia que unha tonelada de carbono na madeira dun árbore ou dun bosque, equivale a 3,5 toneladas aproximadamente de CO2 atmosférico, e que cada árbore adulto captura  300 kilogramos de CO2 ao ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta