Primeiro disco dunha das grandes promesas do pop-rock en galego

Poden Os amigos dos Músicos dar o salto de banda de culto do indie galego a un público maior? Haberá que esperar a despois do verán, cando os ourensáns lanzan o seu primeiro album; pero a primeira canción "Fóra do meu control" xa está aquí.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/07/2016 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

A peza estreouse en Hoy empieza todo, o popular magazine matinal de Radio3 e no Diario Cultural da Radio Galega, este martes. Formará parte do primeiro disco do grupo, que sairá despois do verán baixo edición de Gran Derby Records.

‘Fóra do meu control’ é un adianto do álbum de debut da banda, gravado nos estudios A Ponte de Tomás Ageitos e baixo produción propia. Despois de case dous anos de gravacións, concertos e roturas de ligamentos, Os Amigos dos Músicos presentan un anaco do seu primeiro traballo discográfico.

Gran Derby Records, que acompañaron á banda neste proceso e xa editaron o sinxelo ‘Alalá ao sol’ en febreiro do ano pasado, serán os encargados de poñer na rúa e nas tendas de discos un álbum que contará co deseño de María Grande e as fotografías de Federico Álvarez 

Os Amigos dos Músicos teñen varios concertos programados para este verán, entre os que destacan a súa participación no ciclo Atardeceres no Gaiás, o xoves 28 de xullo, e no Festival Noroeste, o domingo 7 de agosto.

A banda de Ourense leva xa varios anos de traxectoria dando concertos pola escena indie do país, na que o galego segue a ser unha rareza. Un dos temas que non soe faltar no seu coidado directo é este Todo Medre:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta