Nota.- Os educadores critican a Feijóo por chamar a "insumisión" en materia lingüística

A coordinadora galega de ENDL considera "inadmisible" o incumplimento da lexislación educativa por parte de Alberto Núñez Feijóo e asegura que o novo presidente está chamando á "insumisión" para non cumprir o decreto do ensino do galego...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/04/2009 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Neste momento está en vigor o Decreto 124/2007, que regula o uso e promoción do galego no sistema educativo e que procura que o alumnado reciba un 50% de clases en lingua galega, para así poder garantir que sexa competente nas dúas linguas da comunidade, algo que só se pode conseguir se o alumnado aprende galego pero tamén "en galego".

Coas medidas postas en práctica no Decreto, non se atentou contra ningún "dereito civil", polo tanto o noso colectivo non entende porque se fala de "repoñer os dereitos civís nas aulas". A Coordinadora non dá creto a esta chamada á "insumisión" baixo o discurso da liberdade que deixa na elección do alumnado e do profesorado a lingua das clases, cando está lexislado mediante un Decreto que se estaba comezando a aplicar e que aínda non foran avaliado.

Os integrantes da Coordinadora Galega de ENDL tamén mostran a súa sorpresa polo momento e a forma en que sae esta noticia. Tras un discurso de investidura no que se repetiu ata a saciedade a palabra consenso, promove esta medida sen contar coas persoas e entidades que están implicadas directamente no proceso educativo e/ou con todos aqueles que participaron na redacción do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento. Dá así a impresión de que os "votos prestados" dos que falaba neste días o Conselleiro de  Educación, o sr. don Jesús Vázquez, pesan máis ca calquera intención real de consenso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

12 Realidade Galega

Feijóo é o que votou (e, sobre todo, o que non votou Galicia. Polo que respecta ás súas medidas, son o que queren a maioría dos galegos. Moitos din que os políticos non están á altura dos galegos, eu penso que o pobo galego o 1 de marzo non estivo á altura, e dígoo como unha simple opinión. Agora ben, unha vez elixido democráticamente o novo goberno, teremos que imaxinar o que se nos ven enriba. (Por certo, falando de falacias, Feijóo debe ser o primeiro candidato que coñezo que faltou ás súas promesas na propia campaña electoral).

11 De Vigo

Feijoo tiene cara de enfermo mental, me da miedo.

10 anonimus

jajaj vaia cachondos mentais temos por eiquí.

9 Coruñes

Yo vote a Feijoo, pero me decepciono, solo es un fanatico neocon avido de poder, que se pasó toda la campaña mintiendo. Así no va bien el Pais, elecciones anticipadas ya para echar al enfermo del opus de Monte Pio.

8 anonimus

jaja.ea ea ea a esqueda se cabrea...que gozo veros así,durante catro anos a bimerda non fixo nada e por iso botamolos por incompetentes.grazas por facelo tan mal.