Feijóo lembra os acordos do PP co BNG para defender pactos no Congreso

Di estar seguro de que en agosto Mariano Rajoy será o vindeiro presidente do Goberno español porque se hai unhas terceiras eleccións será o “final das biografías políticas de algúns”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/07/2016 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lembrou hoxe os acordos aos que chegou o Partido Popular co BNG na Cámara galega nos últimos anos para defender a importancia dos pactos entre as distintas forzas no Congreso sen ter en conta a ideoloxía ou as cores políticas.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Conchi Paz.

Unha reflexión do xefe do Executivo galego que chega logo de que aumentaran as críticas contra os populares polo suposto apoio dos nacionalistas vascos e cataláns na elección da nova presidenta do Congreso, Ana Pastor. Un apoio que pode poñer en perigo a investidura do propio Mariano Rajoy tras as advertencias feitas por Ciudadanos.

Neste sentido, Feijóo lembrou que o PP chegou a acordos co BNG, -- “e non co PSOE”, recalcou --, na Cámara galega en defensa dos intereses de Galicia. Algo que, dixo, é normal. Así lembrou que populares e nacionalistas votaron xuntos para que a futura entidade bancaria que xurdiu das caixas galegas tivera a súa sede en Galicia. “Ou tamén cando apoiamos ter un catálogo de medicamentos xenéricos o que supuxo un aforro de 200 millóns”, suliñou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Por iso, o presidente galego amouse convencido de que en agosto Mariano Rajoy será o futuro presidente de España porque, lembrou, houbo dúas eleccións e, nas dúas, resultou o gañador. “E os resultados destes comicios foron moi claros”, indicou.  Deste xeito, alertou de que se hai unhas terceiras eleccións “será o final das biografías políticas” daqueles que as impulsen, en clara alusión ao líder do PSOE, Pedro Sánchez, ou de Ciudadanos, Albert Rivera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

11 JAJAJJAJAJAJA

JAJAJAJAJAJJA OUTRA GRAN EXCLUSIVA DE GC, vou coller coller flocos de millo e ver La Coz Televisión a ver si sae outro trepa excindido de BNG que busca sitio e cartiños na Marea, sae do BNG é tes entrevista asegurada nos medios. Hai Marea, jajajaja o único que conseguimos é perpetuar a Feijoo e Rajoi, calmar as revoltas nás rúas e acabar có nacionalismo galego pero somos megaguays supermodernos no como lo bloqueiros upjallos que no entendeis nada JAJAJAJAJA

1 LKI

Rite, rite. Pero quen están realmente en nómina de LVG e de Santiago Rey como colaboradores / colunistas / tertulianos son os teus amos Pacorro Zarzuelas e a Rottenmeier García Negro. JIJIJI-JUJUJU.

2 Vanessa Esa Resesa

Falas de "cartiños", sonrisiñas? Escindidos do BNG que son trepas e andan polos "cartiños? Pero onde abrevas, meu? Se militas no BNG (aberto), pregunta polos "cartiños", a ver onde andan e a que petos foron parar. Quen debería sábelo e contalo é o sublñime xornalista e director do SG (Semos Gacetilla), pero nada dirá.

3 maioría_ingobernante

Home, xa que falades de cartiños, meus vendidos PPsoeiros. Falade dos cartiños que roubou o voso PSOE incautanto tabaco, o que fixéchedes cas casiñas de cc.oo. ou os cartiños en tarxetas black. Non hai comparación posible, vós só tedes ruxe ruxes contra o BNG; pero donde estades gobernando sodes un fracaso vos chamedes democracia ourensana, ciudadanos, pp , esquerda unida ou Psoe. Falando xa mais clariño: Qué ides facer, pontificadores do absurdo, con Reganosa? Ou é que agora non toca porque xa non está o BNG? Qué ides facer para reactivar o naval de Ferrol? Defenden mais a Galiza en Europa os nacionalistas cataláns que calquera politicastro coma Presedo. Sodes un fracaso rotundo: NON SERVIDES PARA NADA, DEIXADE GOBERNAR AO BNG E COMPAREMOS, FRACASADOS.

10 Ana Pontona

Grazas Feijó, te estamos agradecidos pola axuda ao Benegá en horas baixas. Xuntos conseguiremos que ti sexas presidente i eu deputada.

1 Vanessa Esa Resesa

O dos Peares vai a piñón fixo. Xa o fixera para gañar ao bipartito. Unha mensaxe que demoscópicamente saben que funciona, e que repite unha e outra vez. Trátase de dignificar ao BNG para contrapoñelo á "barbarie" das Mareas. A iso súmase a campaña do BNG, dirixida contra as Mareas mais que contra o PP. O resto xa o fai A Voz, O Correo, Vía V, as follas parroquiais, e a Telegaita. Plumiñas non faltan... Caneiro (o curiña laico), Barreiro Rivas (o ludópata ordinario)... e as colaboracións dos do CC da U neses medios. A seguirrrrrr.

9 Ana

O BNG, igual que o PCE, sempre foi sistema. E agora máis!!! Pois interésalle ao poder económico e ao mediático (La Voz de su Amo), interésalle ao PP, interésalle ao P$$$$oEspañol ... Non sei por que se alporizan os lacaios do Bloque? O BNG e Ciudadanos son as dúas garantias coas que conta o PP para continuar expoliando o país. E a abstención, que xa non todos acreditamos nas Mareas.

8 Facedealgo_paspáns

Titular posto para que "comunista", "comunista independentista" e o pequeno Nicolás entre outras miñaxoias podan decir que o BNG fai política para o PP. Nada novo...O que si sería novo e que os concellos de Ferrol, Coruña e Santiago, fixeran algo bó (á parte de sacar o lixo PPSOEIRO do poder, claro). Algo que sinalar? Algún plan para sanear a ría do Burgo ou de Ferrol? Fixéchedes algo, meus? Porque eu si que podo sinalar o que se fixo nos concellos do BNG, e recoñecido por todos (agás algún iluminado que di que a ONU é pagada por Lores)

1 LKI

Olla ti! Igualiño que os titulares que fabrica o Sermóns Paliza do comisario Mecsuto para que os habituais trols/haters do BeNeGá PolaUnión, Uninciso, Costadamorte, Xistral, Manuel Barral... vomiten a súa bile contra Anova, AGE, Mareas... Qué curioso.

2 Facedealgo

Importa moi pouco o titular, eu sei que este ten obxectivo partidista anti-BNG, ti saberás dos que se fan contra Anova, cousa coa que tampouco me convencería. A min o que me importa é o que se fai logo de gobernar, que, insisto, no caso de Anova, Mareas, AGE é nulo. Ben que quixera que non fose así, porque Galiza precisa moitos mais casos de éxito coma Pontevedra ou Allariz, e Ferrol , por exempro, é unha mágoa se perde mais anos en gobernos inúteis.

7 balbino

Menuda titular partidista e manipulado e Galicia Demencial sabe que os seus lectores nom pasan dos titulares por iso mete a bomba ahí, Feijoo dixo que dous partidos que están en polos opostos se poñen dacordo para beneficio de Galicia, onde está a parte mala, o carallo é cando o amigo Luis Rei que por certo está aqui o lado nun anuncio casualmente fai pinza có PP de Pontevedra en contra do Povo.

1 Carballedo

Co PP está Lores. A expropiación dos terreos COMUNAIS para hospital de Montecelo foi feito polo PP, os tribunais dan a razón á vecindade, e o BNG vai contra os COMUNEIROS. E ainda se din COMUNISTA na UPG? Non, non só na barbárie das touradas o BNG segue ao PP!

2 balbino

Si Si de todos é sabido que Lores é moi querido no PP, buuuuufffff Se todalas cidades tiveran un Lores e o seu equipo que ben lle iría a Galiza, pero poden máis as modas que os feitos, un exemplo de trasparencía, de bo goberno para todos, de boa xestión, de humildade... pero teñen que vir de todalas partes do mundo a recoñecer o que aquí nom se quere ver. O das touradas xa é de traca, menuda lóxica de paspáns, como alugan a praza para as festas do povo resulta que están a favor da barbarie, a solución é alugar unha praza portatil que esa seguro que non financia touradas, Mentres outros partidos que se din novos están a favor pero caen na contradicion de asistir a manifestacións antitouradas, mama mía andamos ben.

3 Lores alcalde vitalicio

É que onde non hai prazas non se fan festas? A lóxica dos taparrabos do Beneguai é enorme!