Temas: IGREXA PPDEG

Deputado europeo pide a axuda do Apóstolo contra o Brexit e o extremismo

Durante a Misa do Peregrino, o eurodeputado Francisco Millán Mon (PP) reclama a axuda do Apóstolo Santiago para que Europa sexa un "continente de esperanza".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/07/2016 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O veterano eurodeputado insistiu na necesidade de que "a Unión Europea non se converta nun conxunto menguante de países sumido no desconcerto, a fragmentación, o extremismo e o temor ao porvir".

O eurodeputado galego do PP Millán Mon
O eurodeputado galego do PP Millán Mon

Esta invocación fíxoa esta mañá na Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela en nome do grupo de parlamentarios europeos que participaron estes días pasados nunhas xornadas tituladas "Os Camiños de Santiago: visións desde Europa", segundo informa o PPdeG.

Na súa invocación, o eurodeputado conservador galego, o que ocupou unha posición máis relevantes nas listas do PP estatal, pediu a axuda do Apóstolo Santiago, "Apóstolo da Esperanza, para que a Unión Europea non se converta nun conxunto menguante de países sumido no desconcerto, a fragmentación, o extremismo e o temor ao porvir".

"Axúdanos para que Europa sexa un continente de esperanza, un continente rexuvenecido", concluíu Millán Mon.

Eurodeputados do GPPE diante da Catedral, Millán Mon é o terceiro pola esquerda
Eurodeputados do GPPE diante da Catedral, Millán Mon é o terceiro pola esquerda
Temas: IGREXA PPDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antinostrus

Este nón é o Pousafoles da Pastor...todo en familia...está claro: nacen superdotados, viven superdotados e morren superdotados....só lles falta o Nostrus. o moi mamalón ..ben coa palangana ben de mamporreiro (para axudar-lles no endiñe) ou, incluso, desempeñando simultáneamente ámbos sacrificios patrióticos vermelligualdeses....