Podemos Galicia non ten présa por sumarse ás mareas

Carmen Santos argumenta que só participará nas reunións para artellar a confluencia unha vez que as súas bases voten nese sentido.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/07/2016 | Actualizada ás 22:13

Comparte esta noticia

Podemos Galicia reacciona as informacións sobre a súa ausencia na reunión de onte. Os alcaldes das mareas convocaron aos axentes implicados para avanzar no proceso. O partido morado non acudiu, no que moitos interpretaron como un desafío á confluencia.

Carmen Santos, líder de Podemos en Galicia
Carmen Santos, líder de Podemos en Galicia | Fonte: Miguel Taboada

Podemos Galicia segue marcando terreo. Así deixa claro que "non participará en ningún proceso de confluencia que leve, de modo directo ou indirecto, a súa disolución dentro do mesmo".

Proceso interno

O Consello Cidadán de Podemos Galicia acordou na súa reunión do día de onte, celebrado na

cidade de Vigo, someter a votación un posicionamento respecto da posibilidade de integrarse nun partido instrumental.

A votación, que se desenvolverá ao longo da xornada de hoxe, determinará a postura oficial do órgano político da forza morada en Galicia, aínda que a decisión final sobre a forma en que o partido concorrerá ás eleccións autonómicas será tomada polas persoas inscritas, a través da Asemblea Cidadá, cuxa data se atopa aínda por determinar.

A este respecto, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, declarou que "Podemos Galicia aposta por concorrer ás eleccións galegas ben sexa coa súa propia candidatura ou en coalición con outras forzas amigas coas que xa nos presentamos ás eleccións xerais ou ampliando esta coalición con outras organizacións políticas que queiran sumarse. 

Sobre o encontro de onte promovido polos alcaldes do cambio, a secretaria xeral sinalou que "trasladamos un gran agradecemento aos tres alcaldes por convidarnos e querer sumarnos dentro de este proceso que pode dar lugar a unha candidatura que pode axudar ao cambio político en Galicia".

Aplausos á invitación a participar

Podemos Galicia argumenta que se o porceso das mareas non entra en contradición co noso proceso interno, e hai un respaldo das bases e a executiva de Galicia, a súa secretaria xeral poderá "acudir a eses encontros coa lexitimidade que lle corresponde, e ese é o debate que estamos a ter nestes momentos2.

Ademais, sobre a ausencia de Podemos Galicia no devandito encontro e respecto diso da próxima asemblea do día trinta en Vigo, Carmen Santos engadiu que "parécenos positiva a invitación de os tres alcaldes e, se as bases de Podemos e os seus órganos politicos teñen uns consensos mínimos para que eu participe na asemblea, será unha cousa que teremos que valorar e ver se é posible avanzar nese camiño de construción para o mellor proxecto políco para Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 ex partidario do AGE

Intentan impoñer o vello -VIEIRAS como xefe de podreiros, coa colaboración de waldo das jons, pero podreiros de galicia "primeiro riobon" e agora carmenchu non queren semellante foisil da caternaria como xefe, pois non seria reanovación unha persoa con mais de oitenta e unha primaveiras, xa esta moi vello, moi matusalencio, o que di non ten sentido e esta moi desmellorado xa non controla moito pensa que o tipiño que fixo folga por siria (e foi comer polos restaurantes de mandriles) e un mago da farandula do equipa de FPG de mariano do palo santo e o outro artista que estivo acomodado no RAG, onde meteu a media parentela... vendo o que pasou pois waldo meteu o pp no goberno pois podreiros e calquera con dous dedos na fronte sabe que votar -vieiras e perder as eleccions... triste exemplo! podreiros non o quere e a maioria da xente tampouco... non e de fiar, nin no que din nin no que fai... fixo falcatruadas en estes tempos de inventos AGE

3 Un de ANOVA

As Mareas non as para ninguén

2 Facédeme caso

Ten as cartas na manga xa que se concorre en solitario sacaría o 90% dos votos e o 10% serían para AGE-Mareas ou como se chamen. Tamen depende do que decida Pablo igual é magnánimo igual non. Rezade un pouco pero un consello non queirades todos os postiños para vós porque igual matades a galiña dos ovos de ouro e Podemos vos deixa con 0. Entón só vos quedarían os liberados dos concellos durante 3 anos porque se Podemos vai en solitario adiós muchachos das mareas

1 Comunista

Os "lumbreras da politoloxía" que defendedes esa parvada de que o 90% dos 400 mil votos de En Marea "son de Podemos" [sic] sodes os mesmos que diciades hai catro anos que o 90% dos 200 mil votos de AGE eran de Anova. Nin saen as contas nin o credes vós mesmos. Pero non vos importa caír en contradicións con tal de intentar dividir un espazo xa consolidado como o de En Marea coa inxenua "esperanza" de recuperar os 300 mil votos perdidos polo pouco que queda do BnG. Pero non. Non van voltar. E ninguén vos vai volver facer caso. Morrede sen molestar, por favor.

2 Comunista da OTAN

Consolidado di o comunista socialdemócrata. Por un lado os tres baróns, polo outro a testigo de Jehová que a ver que lle deixan facer e o vello chorando que quere seguir. E os aspirantes a liberadiños das mareíyas pequeniñas a ver se les deixan chupar cacho. Fala de contradicions o "comunista" independentista que garante a unidade de Ejpaña. O que imos rir vendo como morredes pouco a pouco agora. Hai que abrir unha fábrica de palomitas para polo menos revitalizar un pouco a economía.

1 Ana

Excuse me, what does it mean "prisa"? En que lingua é esa palabra?

1 Antiordenadores do AGE

Prisa é galego de laboratorio, dese que a nai de Carmen Losantos non entende,