As universidades galegas poderán contratar 15 doutores grazas ao programa Juan de la Cierva

A Xunta anuncia que aportará financiamento para completar as contratacións que promove o Ministerio de Economía y Competitividad.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/07/2016 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

As universidades galegas terán a oportunidade de contratar a 15 doutores mediante o programa Juan de la Cierva. Estas axudas están destinadas a fomentar a contratación laboral, por parte de organismos de investigación ou centros de I+D do Estado, de novos doutores por un período de dous anos para que completen a súa formación investigadora posdoutoral en centros distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación predoutoral.

Claustro de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela
Claustro de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

A contratación de doutores para Galicia do programa Juan de la Cierva está financiada polo Ministerio de Economía y Competitividad nun 90%, e pola Xunta co restante 10%

Foi o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen anunciou o financiamento, aprobado no Consello de Goberno, a estas contratacións, e asegurou que se trata dunha mostra máis de que "a Xunta segue apostando pola investigación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta