Temas: MAR TECNOLOXíA

Así é o tráfico marítimo que pasa por Galicia

O UCL Energy Institute británico desenvolve un mapa mundial interactivo do tráfico de embarcacións que permite observar en detalle como é o seu paso fronte á costa galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/07/2016 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O pasado ano pasaron fronte as costas galegas 12.631 navíos con carga IMO (International Maritime Organization), é dicir, as perigosas para a saúde humana e dos ecosistemas mariños. Son o 35 % do total de buques monitorizados polo centro de Fisterra: 36.338, segundo datos de Salvamento Marítimo. Dende a catástrofe do Prestige, a sensibilidade social agudizouse e tomáronse medidas para alonxar a 39,5 millas as embarcacións máis perigosas.

Tráfico marítimo fronte a costa galega, no mapa interactivo da UCL Energy Institute.
Tráfico marítimo fronte a costa galega, no mapa interactivo da UCL Energy Institute.

Ese paso dos buques podemos observalo agora nun mapa interactivo do tráfico marítimo mundial que foi desenvolvido no Energy Institute do University College London para monitorizar os preto de 11 mil millóns de toneladas de material que se transporta por augas de todo o mundo cada ano. Velaquí a ferramenta interactiva:

Ademais de poder achegarnos co zoom até a Galicia, podemos diferenciar visualmente o tipo de barco con cores distintas, usando a opción Filters. Tamén podemos optar por mostrar na pantalla as embarcacións, as rutas e os portos. 

Mapa interactivo do tráfico marítimo mundial, da UCL Energy Institute.
Mapa interactivo do tráfico marítimo mundial, da UCL Energy Institute.

Para o desenvolvemento desta ferramenta, os investigadores recolleron datos de miles de barcos de transporte comercial en 2012. O mapa interactivo resultante ten interesantes características, tales como a capacidade de deliñar os continentes ao trazarse as prinicipais rutas de navegación, por exemplo. Pero para os científicos tamén supuxo descubrir que os buques comerciais emiten máis de 796 millóns de toneladas de dióxido de carbono ao ano, o que os investigadores sinalan que é máis que "o conxunto do que emiten Reino Unido, Canadá ou Brasil", e representa aproximadamente entre o tres e o catro por cento das emisións de gases de efecto invernadeiro provocadas polo ser humano.

Os continentes, debuxados polo trazo das rutas marítimas de todo o mundo, co mapa interactivo do UCL Energy Institute.
Os continentes, debuxados polo trazo das rutas marítimas de todo o mundo, co mapa interactivo do UCL Energy Institute.
Temas: MAR TECNOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta