SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2016 | Actualizada ás 20:37 por EUROPA PRESS
O Consorcio de Santiago celebrará este domingo, 24 de xullo, a súa Comisión Executiva e consello de Administración, coincidindo coa noite dos lumes do Apóstolo e o concerto institucional previo protagonizado pola Real Filharmonía de Galicia.
Ambas as dúas reunións estarán presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No consello de Administración, que previsiblemente aprobará as contas xerais do organismo relativas ao exercicio 2015, participarán os seus vicepresidentes, Piar Prateiro, subsecretaria do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas; e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura.
Entre os temas que se abordarán na Comisión destaca a nova tempada da Real Filharmonía de Galicia, que se presentará aos medios o martes, 26 de xullo, no Auditorio de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.