Asasinato sen culpábeis

A Audiencia Provincial de Madrid anula a condena ao único acusado de homicidio pola morte de Jimmy, seareiro deportivista que recibiu unha malleira dos ultras do Frente Atlético nos arredores do Calderón en novembro de 2014.

Por gcdeportes | A Coruña | 23/07/2016 | Actualizada ás 09:04

Comparte esta noticia

Era ata o de agora o único acusado pola morte a paus de Francisco Javier Romero, Jimmy, o 30 de novembro do 2014 nos arredores do Vicente Calderón. Unha xuíza condenara a Álvaro C.G., alias Kit Kat, líder das xuventudes do Frente Atlético, a seis anos de internamento en réxime pechado e outros dous de liberdade vixiada como responsábel dun delito de homicidio, outro de posesión ilícita de armas e outro de rifa tumultuosa.

A marcha ata Riazor para lembrar a Jimmy no aniversario da súa morte.
A marcha ata Riazor para lembrar a Jimmy no aniversario da súa morte. | Fonte: @JimmyVive

Agora, cinco meses despois, a Audiencia Provincial de Madrid anula a condena por delito de homicidio contra Álvaro C.G., que era menor de idade cando se produciu o asasinato, e sinala que só é responsábel dun delito de rifa tumultuosa e outro de posesión ilícita de armas, delitos polos que só se lle impón a medida de 70 horas de prestacións a prol da comunidade. A sentencia resta “credibilidade” á declaración da testemuña protexida, chave para identificar os autores da malleira mortal a Jimmy.

Deste xeito, os maxistrados da sección Cuarta da Audiencia estiman o recurso de apelación interposto pola defensa do menor contra a sentencia condenatoria da titular do xulgado de Menores número 4 de Madrid, Victoria Rojo, dictada o 24 de febreiro, e deixa libre o camiño para que o asasinato de Jimmy quede sen responsábeis.

A resolución do tribunal, formado polos maxistrados Juan José López Ortega, María José García-Galán e José Joaquín Hervás, sinala que “no existe prueba de cargo suficiente para destruir la presunción de inocencia del menor A.C.G. respecto del delito de homicidio pues, a la vulneración de los derechos procesales de dicho menor, ha de añadirse la falta de credibilidad del denominado testigo protegido”. Os maxistrados ven contradicións nas declaracións, en sede policial e en sede xudicial, da testemuña protexida, chave para determinar a autoría do homicidio. Ademáis, consideran que non está obrigado a dicir a verdade ao estar co-imputado no caso.

A investigación policial apuntou a cinco presuntos autores, entre eles o menor Álvaro C.G., pola morte do seareiro dos Riazor Blues. Ata esta sentencia, o líder das xuventudes do Frente Atlético era o único acusado do homicidio de Jimmy, despois de que un novo titular do xulgado de Instrución número 20 de Madrid, quen instrúe a causa principal, deixara en liberdade os outros catro acusados encarcerados polo anterior xuíz instrutor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Bufffff

Hai 320 asesinatos da ETA sen resolver, e era xente que carecía de antecedentes penáis e policiais. Á xente non lle importa nada a morte dun "maleante". Estaría ben coller aos asesinos, pero non por vingar este asesinato, senón polo perigo de que poidan facer o mesmo con xente que nin se droga, nin ten antecedentes. Se non se collen ou non hai probas dabondo, tampouco se pode condear a quen pode ser inocente.

1 Hermerico

Sabes o que penso das "tuas vítimas"? Sabê-lo, nom? Aquí fecha-se círculo da impunidade dos fascistas, nada novo, cada quem fijo a sua parte, falsimedia, forças represivas, braço judicial, fascistas que dirigem os clubes. O regime deixa claro quais som os seus amigos e quem os seus inimigos. Nada novo.