Temas: SEGURIDADE

Máxima seguridade en Compostela para protexer as Festas do Apóstolo

Efectivos de distintos corpos de emerxencias, coordinados dende a Delegación do Goberno en Galicia, despregan esta fin de semana e o luns a parte máis intensa do dispositivo de "especial dimensión" para garantir a seguridade na capital galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2016 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela blinda a súa seguridade cun dispositivo de "especial dimensión" con motivo das Festas do Apóstolo. A ningúen se lle escapa que a capital galega, por ser un dos tres principais centros de peregrinación do mundo cristián e pola fama do apóstolo como "Santiago Matamouros" e patrón de España, poderían ser un bo reclamo para o terrorismo fundamentalista islámico que está golpeando Europa. Isto, sumado ao habitual dispositivo de seguridade que se pon en marcha para eventos de gran magnitude coma este, converten esta fin de semana, e até o luns, a Compostela nunha cidade blindada. Efectivos de distintos corpos de emerxencias, coordinados dende a Delegación do Goberno en Galicia, despregan estes días a parte máis intensa deste dispositivo especial.

Axentes da Policía Nacional rastrexan en Internet.
Axentes da Policía Nacional rastrexan en Internet.

Aínda que a presenza policial en Santiago se incrementou xa nas últimas semanas, e nos últimos días foi frecuente ver patrullas da Policía armadas polas rúas da cidade, a "fase crítica" deste dispositivo desprégase a partir deste sábado, coincidindo cos días de máis afluencia das festas.

O "dispositivo extraordinario" de seguridade con motivo do Día de Galicia tamén se estende por diferentes lugares de Galicia nos que se prevé aglomeracións de persoas, aínda que é de "especial dimensión" en Compostela, confirmou a Delegación do Goberno.

Aínda que "por razóns de seguridade" non se especifica o número de efectivos, na vixilancia da seguridade participan persoal da Policía Nacional, Unidade de Intervención Policial, Unidades de Prevención e Reacción de varias comisarías galegas; así como unidades caninas, de subsolo, Tedax e catro helicópteros policiais.

CANLES DE COMUNICACIÓN

O operativo incidirá na prevención da delincuencia, o mantemento da orde pública e a axeitada xestión das aglomeracións de persoas, dende o punto de vista da seguridade. Para iso, a Policía Nacional "estableceu fluídos canles de coordinación e comunicación con outros operadores de seguridade", como a Garda Civil, a Policía Local de Santiago, a Policía Autonómica ou Protección Civil.

Aínda que non se fala explicitamente de medidas antiterroristas, o operativo deseñouse de acordo co nivel de alerta que existe actualmente en España, decretado polo Goberno, o nivel 4 sobre 5. Dende a Delegación do Goberno non queren incidir nisto e fan un chamamento á "tranquilidade".

Por outro lado, o día 25 de xullo será unha das xornadas con maior número de desprazamentos en toda Galicia. Por iso, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil incrementará tamén a presenza de axentes nas estradas para velar pola fluidez e a seguridade do tráfico.

Temas: SEGURIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Bufffff

Parece que se teme un fracaso en la mani de mañana y con esta noticia se prepara la explicación, porque la gente siente pánico a visitar Santiago de Compostela, en donde se venera el Santiago Matamoros, el mismo que remata el frontón triangular del palacio de Rajoy.

1 Hermerico

Yihadismo? Festas ? Nada disso, ocupaçom policial o Dia da Pátria e a sua véspera. E se queredes saber quantos som ide ao hotel Escala de Padrom e contade às carrinhas. Mais outros tantos dísfarçados de pessoa