A Xunta vende dúas parcelas de chan empresarial no Carballiño e Ribadavia

A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), escriturou esta semana dúas parcelas de chan empresarial vendidas na provincia de Ourense, en concreto nos parques do Carballiño e Ribadavia.

OURENSE | 23/07/2016 | Actualizada ás 11:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), escriturou esta semana dúas parcelas de chan empresarial vendidas na provincia de Ourense, en concreto nos parques do Carballiño e Ribadavia.

En concreto, no Carballiño escriturouse unha parcela de 3.173 metros cadrados e en Ribadavia outra de 1.343,44 metros cadrados. Os adquirientes beneficiáronse dunha bonificación do 50 por cento do prezo de venda, que suma un total de 126.497 euros.

Diso informou este sábado a Consellería de Infraestruturas e Vivenda nun comunicado, no que destacou que, grazas ás bonificacións implantadas polo IGVS e Xestur --do 50% do prezo de venda en Ourense--, foron adxudicadas 35 parcelas de chan empresarial en oito parques da provincia, cunha superficie total de 51.298 metros cadrados e bonificacións por importe de 1.651.679 euros.

Tres os adquirientes teñen xa en execución as obras de construción das súas instalacións, mentres que noutras 18 parcelas se están a redactar proxectos ou xa solicitaron licenza de edificación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta