EU pide “non tirar pola borda” a posibilidade de “crear unha alternativa ao PP”

O manifesto de Esquerda Unida para o 25 de xullo apela á "honestidade" para "non caer" en promesas "enganosas" e insta a "sumar enerxías"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2016 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

Esquerda Unida (EU) apela á "xenerosidade e intelixencia colectivas", así como "á honestidade" para "non tirar pola borda" a posibilidade de "crear unha alternativa ao PP", aínda que sinalou que "ninguén dixo" que crear unha nova proposta exitosa "sería doado". Así, resaltou a importancia da "honestidade" para "non caer en promesas enganosas" e instou a "sumar enerxías" e "restar egoísmos". Estas son as mensaxes que lanzou esta formación na lectura do seu manifesto para o Día de Galicia, lido por Xabier Ron, e no que denunciou que o 30 por cento da clase traballadora asalariada "gaña menos de 700 euros", algo que "non se "pode permitir", así como o feito de que, cada día, 70 mozos abandonen Galicia debido á "falta de oportunidades".

Acto de Esquerda Unida en Compostela
Acto de Esquerda Unida en Compostela | Fonte: Europa Press.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida (EU), Yolanda Díaz, afirmou neste acto que a asemblea sobre a candidatura de confluencia para as eleccións galegas do día 30  —na que tamén participarán Anova e Podemos Galicia— será o "pistoletazo de saída" para "sacar aos inquilinos" da Xunta e asegurou que lle augura "moito éxito" a reunión de final de mes.

Yolanda Díaz defendeu que, tras as próximas eleccións autonómicas de outono, aqueles que "están a saquear ao pobo galego" —en referencia ao Partido Popular— deixarán a Xunta en mans de "homes e mulleres decentes" de "clases populares". Así o reiterou no marco de lectura do manifesto da súa formación para a concentración do próximo día 25 de xullo, Día de Galicia.

Así mesmo, acerca da diversidade interna de Podemos Galicia sobre a fórmula que debe adoptar para concorrer ás eleccións, explicou que EU respecta a "outras forzas políticas" e asegurou que desexa que a formación morada leve a cabo un debate interno "correcto". Ademais, expresou o seu "respecto absoluto" en relación aos seus asuntos, sobre os que, na súa opinión, "EU non debe pronunciarse" xa que "non lle atinxen".

"CONCIENCIA E RESPONSABILIDADE"

Pola súa parte, no acto, o membro da dirección de Esquerda Unida Xabier Ron defendeu que Galicia merece saír do "baleiro de políticas desastrosas" desenvolvidas durante as dúas últimas lexislaturas polo Partido Popular. Así, denunciou que estas accións levaron ao "empobrecemento xeneralizado" da sociedade galega, que provocou que "centos de familias" teñan problemas económicos "para chegar co fin de mes".

Por estas razóns, Xabier Ron incidiu en que o 25 de xullo é o "momento ideal" para facer un chamamento á "conciencia e responsabilidade" necesarias para cambiar o panorama político galego e conseguir unha "maioría de esquerda".

Ademais, sinalou que o "cambio" na política galega comezou coa configuración de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), unha proposta que evolucionou ás mareas municipalistas que, segundo destacou, conseguiron situarse en tres das principais cidades galegas —Santiago, A Coruña e Ferrol— e o multitude de localidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

11 Ted Flanders

entón...a alternativa ao Pepé será o Popó? Manda chover na Habana!!! Tanto larpeiro e tan pouca empanada!!!

10 Gustavo

Yoliiiiii, ¿cuando vas a explicar los motivos por los que protegiste a un pedófilo y echaste a los dos militantes que osaron denunciarlo?

9 Sesese

A ver, a pinta de progres a dan ben. O resto pouco importa, todo fachada

8 Armesto F

Faxardo: De liberado perpetuo de CCOO a deputado e a seguir mamando

1 Balbino Fernández

CCOO vesus PcE = CIG versus BNG. E agora que Podemos absorveu ao PcE, previos favores do Beiras en Age, quen acollerá aos famentos do BNG? Sabendo do seu historial, criados ao servizo de espantosos pernonaxes desde Caballero a Orozco, sustentando a Carmela Silva e a Valentín Formoso, aposto polo PsoE de Leiceaga que xa fixo a reconversión hai anos.

2 La pastillita

Loquito querias que gobernase el PP las diputaciones eh loquito

7 Arrasan

Seguen tendo o puntiño encima do E que cachondos son