A xestora das mareas reitera o seu convite a todos os axentes "do cambio" a participar na asemblea do día 30

A mesa xestora da Marea Constituínte acordou na súa reunión celebrada este sábado en Santiago de Compostela reiterar o convite a todos os axentes do cambio para participar na asemblea que terá lugar o próximo sábado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2016 | Actualizada ás 17:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A mesa xestora da Marea Constituínte acordou na súa reunión celebrada este sábado en Santiago de Compostela reiterar o convite a todos os axentes do cambio para participar na asemblea que terá lugar o próximo sábado.

Á reunión asistiron todas as persoas integrantes da xestora: Sara Outeiral, Modesto Renda, Sara Torreiro, Antón Sánchez, Xan Xove, David Bruzos, Verónica Campos, Guillermo Crego, e os alcaldes Martiño Noriega (Santiago), Xulio Ferreiro (A Coruña) e Ferrol (Jorge Suárez).

Segundo recordou nun comunicado, na cita poderanse referendar as bases políticas e programáticas e o modelo de primarias cos que a candidatura do espazo político se presentará ás eleccións autonómicas deste ano. O único necesario para poder asistir é asinar o manifesto dos tres alcaldes na web da Marea Constituínte.

A xestora tamén volveu destacar que o prazo para facer achegas aos documentos base xa está aberto e finaliza o próximo luns ás 19,00 horas. Para presentalas é necesario o aval mínimo de 10 persoas asinantes do manifesto dos alcaldes.

Cada grupo poderá presentar unha achega, total ou parcial, a cada un dos textos, respectando o mesmo formato de pregunta e resposta que xa teñen e conservando a orde definitiva para que a súa tramitación sexan o máis sinxela posible. Deben enviarse ao correo 'marea@mareaconstituinte.gal' antes das 19,00 horas do luns 25 de xullo.

A partir desa hora, iniciarase un proceso de transacción para intentar chegar ao máximo consenso sobre os textos de cara ao acto de Vigo, mediante o traballo conxunto entre as persoas responsables das achegas e os grupos redactores dos documentos de base. Neste proceso, a xestora destacou que será o de mediación, pero non tomará ningunha decisión política. Os acordos serán responsabilidade das partes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta