Temas: EMPREGO COMERCIO

Empresas e municipios asinan un documento para potenciar o uso do galego na etiquetaxe de produtos

14 empresas e cinco municipios comprométense a potenciar o uso do galego na etiquetaxe de produtos coa sinatura da Carta de Consumo Responsable e Solidario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2016 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

Un total de 14 empresas e cinco municipios asinaron este sábado un documento para potenciar o uso do galego na etiquetaxe de produtos. Trátase da Carta de Consumo Responsable e Solidario, presentada nun acto, que tivo lugar en Santiago para recoñecer o labor de empresas galegas que etiquetan os seus produtos de Galicia e na súa lingua.

Acto de presentación da Carta de Consumo Responsable e Solidario
Acto de presentación da Carta de Consumo Responsable e Solidario | Fonte: Europa Press.

Mediante esta iniciativa, aspírase a concienciar os empresarios de que a utilización do galego nos produtos permite que conten cun valor engadido, xa que o comprador coñece a súa procedencia. Este proxecto realízase dende 2013 e está promovido pola Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (Irgade) e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

En concreto, entre as empresas que asinaron a Carta e recibiron un diploma atopan Viñas e Adegas Galegas do Condado, Leite Noso, Galicia Rural Alimentaria e Sidra Sobreira. Así, as compañías comprometéronse coa calidade e o aproveitamento sostible dos recursos naturais.

"IMPLICACIÓN"

No evento estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que valorou a "implicación" das empresas e dos municipios de A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Ferrol e Oroso (A Coruña), os rexedores da cal acudiron ao acto, nesta iniciativa. Ademais, Valentín García destacou as posibilidades de acción dos concellos neste sentido.

Na mesma liña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, destacou a "obriga" das administracións en relación coa difusión das oportunidades que ofrece o galego como "elemento de singularidade" na venda de produtos autóctonos.

Na presentación tamén interviñeron o coordinador xeral da Irgade, Xosé Carballido; a xerente de Leite Noso, Patricia Sánchez; o vicepresidente da Fegamp e alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Ademais, asistiron outros rexedores municipais.

Temas: EMPREGO COMERCIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

3 nostrus

Los nacionaliticos que merodean por este foro quisiera que me dijeran si son tan sensibles con los sentimientos de los catolicos, los vegetarianos, los culés, los monarquicos como pretenden que los demas seamos con ellos. Los católicos que vayan a misa cuanto quieran, pero que no impongan que vaya el que no quiera ir y los nacionáticos que usen el gallego cuanto les de la gana pero que no pretendan que lo use el que no lo desee.

2 Irgadiano peinador

pois eu non entondo ese homiño que se nickea como Nostrus, que fala de que non nos entendan, seguramente o que non entende e el, e no sepa como ven fora o tema do patrimonio, cultura, o que pensan de nos, das nosas castes, e non te preocupes, nos no queremos arruinar a naide, e vaiamos a onde vaiamos coa nosa cultura imos facernos entender, pero non queremos vender o que xa teñen ali, queremos vender moito mais, queremos levarlle o noso ali como unha exclusividade que solo poden mercar eiqui

1 nostrus

¿E en que saimos gañando?, ¿que conseguimos con que a etiquetaxe dos productos sexan comprensibles por menos xente?.Non atopo a comprender a ventaxa de que non comprendan a etiquetaxe aquelas personas que non comprendan o galego, pero ideas destas son muy habituales na intelectualidade naciota, muy dada a facer o ridiculo.

1 leike

Ti, evidentemente, con feitos excepcionais coma este, saes perdendo. Nós, galegos e galegas que queremos ser recoñecidos e amamos a nosa lingua, saímos gañando -por unha vez- un pouquichiño

2 nostrus

leike. Los que le rezais al gallego saliis ganando porque el gallego es vuestra religion y con un gran componente emocional. El mismo componente emocional que teneis con el gallego tambien lo pueden tener los catolicos con Cristo, los monarquicos con la monarquia o los cules con el Barça, pero para que vosotros os podais recrear en vuestras pajas mentales tendrá que haber alguien que no comprenda la etiqueta de un producto. Menos mal que los culés son mas tolerantes que vosotros y no exigen un escudo del Barça en cada etiqueta pare ellos sentirse bien. Que sepas que los que no le rezamos al gallego tambien somos gallegos, amamos a Galicia y nos sentimos cómodos en ella. No hagais mas daño, por favor.

3 Leike

Nostrus, a túa Cruzada permanente retrátate, Tí es dos que tanto que tanto ama e se sinte cómodo nunha Galicia sen lingua e sen o seu rico patrimonio, sen os dereitos que lle corresponden. Nunha palabra, unha Galicia negada e destruída, morta.

4 nostrus

Leike. Segues sen dicirme en que gañarian as personas poñendo as etiquetas en galego. Para ti priman mais as vosas manias identitarias que os dereitos das personas a comprender o etiquetaxe das cousas. Imaxina aos madridistas pidindo que as etiquetas dos produtos sexan sustituidas por un escudo do Real Madrid para asi regozar. Estades coma cabras.

5 Beibe

Dígocho eu: unha das máximas da mercadotecnia chámase VALOR ENGADIDO. Todo aquilo que marque un estándar de diferenciación no mercado mellora o seu posicionamento e a súa valorización á hora de mercar. Establecer marcas comerciais en galego mellora a súa visibilidade. Ti seguro que coñeces múltiples marcas de viño (Peza do Rei, Terras do Gargalo, etc. etc.) que compiten en mercados internacionais con marca en galego cun posicionamento diferenciado xa só na marca

6 Beibe

En segundo lugar: o valor engadido aportado pola etiquetaxe en galego aumenta o carácter da calidade diferenciada dos seus produtos: se mercas un produto con etiquetaxe galega, é moi probable que merques un produto para cuxa elaboración se fai un énfasis na calidade. Nos produtos do sector primario é onde mellor o podes ver: o leite (a marca 100% galego está por algo, Deleite etiqueta en galego para reforzar fronte aos consumidores a súa aposta por leite de produción local), a acuicultura (a marca Mexillón das Rías Galegas permite diferenciar ao mexillón chileno do local, marcas como Pan do Mar etiquetan en galego para que o consumidor vexa con maior claridade a orixe e o valor engadido do mexillón local)

7 Beibe

E esto non só se limita aos produtos do sector primario. As empresas da tecnoloxía TIC con implantación internacional (Dinahosting) tamén publicitan os seus produtos en galego, ademáis de en castelán, catalán e inglés, conscientes de que dentro do páis hai un importante mercado potencial de clientes que buscan ese valor engadido. En terceiro lugar: o aproveitamento dos mercados dos países da lusofonía. O galego permite entenderse comercialmente con 200 millóns de potenciais provedores e clientes. Ti seguro que baixaches a Portugal a comer o bacallau (bacallau surtido nun 80% por empresas de Vigo, que se entenden en galego cos compradores lusos). O clúster do automóbil de Galicia-Norte de Portugal tamén se entende en galego. Pódoche falar de primeira man de 5 casos de empresarios galegos que están a invertir na Angola no sector pesqueiro (un deles dicíame que comezou falando en castelán e quedou pasmado co ben que se entenden en galego).

8 Beibe

Todo iso son SÓ UNHAS POUCAS razóns puramente económicas para valorizar a aposta pola lingua galega nos mercados. Pola nosa condición de galegos con dúas linguas somos doblemente competitivos, pero o galego é o que nos fai únicos dentro do Estado, e por ende o que nos diferencia. Así que nostrus, merca algunha neurona máis da única que tes e abre a túa mente

9 nostrus

Beibe, a min non me moleste que se etiquete en galego sempre que tamen se faga en español. Como ti ben dis, o galego fainos únicos e o español iguales aos demais e a realidade e a identidade conta tanto o que nos une como o que nos diferencia, non só o que nos diferencia como sosteñen os nacionáticos.

10 Beibe

pois a ti moléstache unha cousa que non che tiña porqué molestar. Obviamente, non son eu quen che ten que dicir o que che molesta ou non, pero eu (e a maior parte xente penso que tamén), merca produtos cuxo etiquetado está escrito só en inglés. E tampouco pasa nada por iso non? Eu merco produtos alimenticios orixinarios de Asia e veñen etiquetados en hindú, e segue sen pasar nada non? E se algo ven etiquetado só en galego, tampouco tiña que pasar nada non? O galego non é patrimonio teu, nin dos nacionáticos (como lles chamas ti) nin de ninguén. É unha lingua en plena igualdade de condicións que as restantes linguas, e non necesita de ningunha outra lingua que a tutele constantemente. Isto é o que non acabas de ver.

11 nostrus

Beibe, Cierto lo que dices de que el gallego no pertenece a los gallegos, sino a la gente que lo habla, cosa que no han comprendido los naciotas y creen que el gallego es condicion para acceder a la galleguidad. Volviendo al tema del etiquetado, ya me parece bastante problema un producto etiquetado solo en ingles como para añadir otro problema etiquetando solo en gallego. Lo siento, pero creo que etiquetar solo en gallego va contra los derechos del consumidor y ya se que los nacionaliticos se preocupan solo del gallego a costa de las personas. Y deja de acusarme de odiar al gallego, porque yo soy gallegohablante desde siempre y si odiara al gallego tendria el mismo derecho que otros a odiar a la bandera española.

12 teutonio

Nostrus, o galego pertence a humanidade, como o urdu ou o sueco. Os galegos somos tan guays que pra non excluír a todos aqueles que non usan o galego, ou que incluso nin sinten ningún tipo de cariño por el, escollemos outro tipo de elementos máis "soft" pra definir a nosa identidade (paisaxe, idiosincrasia, gastronomía). Debemos ser das poucas comunidades europeas con lingua propia, viva e espallada por todo o territorio que non o ven como clave pra definir a identidade do pobo. E aprende linguas paduano, deixará de serche un problema ler as etiquetas en inglés.

13 nostrus

teutonio. deixame a min elexir o que quero aprender e non sexas ti quen mo teña que dicir. Eu non che chamo paduano a ti e non che esixo que aprendas a conducir un autobus e deixo que sexas ti quen decida o que queres aprender. A nosa identidade sera producto da suma de todas as vontades e costumbres individuales e non por diseño do mundiño nacionatico. A identidade muda co paso do tempo, tanto nas personas como nos pobos e pretender estancarse non vale para nada.

14 KsFp

nostrus, tes todo o dereito do mundo a escoller a lingua na que te queres comunicar, a adscribirte á identidade que che de a gana e a facer campaña polas túas ideas. Esas liberdades eu defendereinas sempre aínda que o teu ideario vaia en contra do meu pensamento político, sociolingüístico ou de calquera outra índole. Agora, cando vexo os comentarios que fas, deixas ver claramente que es unha persoa que para nada respecta esas liberdades e que ademáis desvirtúa a realidade en aras de querer ter razón nun campo onde non a tes.

15 Beibe

Por certo, son Beibe e o comentario anterior é meu tamén. Nostrus, eu a ti nunca che acusei de odiar o galego (ves? ata trastornas a realidade!), só che indiquei as múltiples vantaxes soamente no eido económico e empresarial do galego. O que sí que che digo e que ti es un supremacista: unha persoa que pretende a asimilación da poboación ao seu ideario, e en concreto es un supremacista lingüístico. Ademáis, insultas constantemente aos nacionalistas, que defenden un proxecto tan válido coma o teu. E que non che moleste pero teutonio ten bastante razón: aprende algunha lingua para valorar o que é a diversidade, e sal da túa comodidade monolingüística para teres algún argumento válido

16 nostrus

Beibe. eu non son monolngüe, son bilingüe dende sempre inda que pola edade que teño nunca estudei o galego porque daquela non era oficial, pero mameino dos meus pais que falaban galego. Si me mofo dos naciotas é porque tamen eles se intentan mofar de min. Defendo a realidade, a diversidade e o mestizaxe, pero estou contra as imposicions innecesarias ou esaxeradas. Tamen estou contra as ideas que lle crean problemas en vano a xente só por motivos de identidade de diseño, pòrque defendo a practica dunha cultura de xeito voluntario, o din os DDHH.

17 teutonio

Nostrus, por moito que che pese, a interpretación que fas "dos DDHH" non ampara as parvadas que dis, a mención de tomar parte libremente na vida cultural dunha comunidade implica que o estado permita aos cidadáns facelo, garantindo a liberdade pra realizalo e non impoñendo limitacións por razón de opinión, etnia, lingua, etc. Trátase por tanto dunha obriga pros estados co fin de que poidan garantir de maneira legal e material a participación dos cidadáns na vida artística e cultural da comunidade sen ningún tipo de limitación ou discriminación. Con certeza os cidadáns poden valerse deste dereito pra denunciar aos estados que limitan esta liberdade. Hai que ler máis e falar so do que se sabe.

18 nostrus

teutonio. Las aportaciones culturales son voluntarias por parte de los ciudadanos. A nadie se le puede obligar a disfrazarse por ser de Verin, ni a correr delante de un toro por ser navarro, ni a cantar flamenco por ser andaluz. El estado garantiza que se pueda practicar una cultura o una religion, pero no toma medidas directas ni indirectas para que la gente se sienta obligada, excepto que el gobierno caiga en manos de nacionalistas, claro, y en ese caso nos enterariamos de lo que vale un peine.

19 teutonio

Nostrus, por moito que chenchees, o artigo e a interpretación son as que son, os estados deben permitir aos cidadáns participar na vida cultural da comunidade, sen limitacións nin discriminacións. Le máis e deixa de inventarte a túa realidade.. e sobre todo non opines do que claramente descoñeces. Estuda dereito como un servidor e aprende algo de inglés pra poder acceder ás interpretacións dos xuristas deste artigo.

20 nostrus

teutonio. Certo, os estados deben "permitir" aos cidadans participar na vida cultural, pero permitir non significa "esixir", ¿verdade?. Dasme enton a razon e consideramos que a aportacion cultural da xente é "voluntaria", porque as personas poden practicar a cultura que lle dea a gaña. Non te pases de listo tentandome asustar sr. letrado, que eu sei ler.

21 nostrus

teutonio. Os estados deben garantir a liberdade relixiosa, ¿certo ou non?. Pero promover a liberdade relixiosa non significa tomar medidas para que a xente practique a "relixion propia" de Galicia e cada un fara o que lle dea a gaña. Coa cultura igual, o estado garantiza a practica dunha cultura, pero cada cidadan fara o que lle pete, ¿certo ou non?. Resposta ti que es abogado.

22 teutonio

Sabes sabes ler e retorcer como che sae dos collóns e repetir tontunas. Insisto, le a interpretación deste artigo polos especialistas. Artigo que como o dereito á vivenda por exemplo obrigan ao estado a establecer unhas garantías e políticas e a non discriminar pra que os cidadáns poidan participar nesa vida cultural sen limitacións. Se o que comentas (políticas lingüísticas ou culturais como as galegas violan os DDHH), imaxino que calquera país cunha política cultural propia (subvención de publicacións en castelán, discriminación aos autores españois que prefiren facer filmes en urdu), ou que fomente o coñecemento, uso da lingua do país violaría ese dereito, poño por caso Irlanda ou Malta coas súas linguas nacionais (aínda que o inglés sexa tamén oficial) ou Francia negando calquera tipo de oficialidade as linguas do país, deberían ser acusados de non respectar a Declaración.