COR.- Presidentes de Parlamentos autonómicos fixan obxectivos comúns e condenan a "barbarie terrorista"

(((Pregamos aboados corrixan a anterior sobre este tema dado que o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, non puido asistir ao evento por un problema de axenda)))

Santiago de Compostela | 23/07/2016 | Actualizada ás 18:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A reunión do Plenario da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (Coprepa), finalizou coa lectura dos obxectivos comúns marcados ao longo do encontro e coa condena dos últimos e recentes atentados terroristas e as condolencias a vítimas e familiares.

O presidente do Parlamento asturiano, Pedro Sanjurjo, foi o encargado de ler a declaración institucional acordada, pero ha antes mostrou a "consternación e preocupación de todos os presidentes dos parlamentos polos recentes atentados terroristas.

"Fronte á barbarie reclamamos paz e liberdade. Temos a obriga de preservar esa paz e liberdade lograda tras décadas en Europa. Ademais trasladamos dende aquí as nosas condolencias aos que sufriron as brutais consecuencias das accións terroristas", indicou Sanjurjo.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Deseguido, Pedro Sanjurjo deu lectura ao texto pactado pola COPREPA no que se destaca que "unha maior pluralidade social e numerosas prioridades de axenda renovadas, configuran o escenario dos principais desafíos que deben afrontar", dende o mbito institucional, para abordar mellor as demandas e necesidades da cidadanía".

Así, os presidentes dos diferentes parlamentos que estiveron en Oviedo mostraron o seu compromiso cun conxunto de obxectivos comúns que pasan polo fortalecemento institucional; a defensa dos dereitos universais en materias como o traballo, a saúde, a educación ou os servizos sociais ou a mellora do modelo de convivencia e renovación do marco constitucional.

Na lista de compromisos tamén se recolle a "vontade dunha incesante revitalización da vida política na súa vertente parlamentaria", polo que avogan por continuar explorando as fórmulas para facilitar a súa dinámica plural, compartindo e intercambiando experiencias de boas prácticas como unha das tarefas futuras conxuntas.

Destácase ademais a necesidade de dotarnos de normas internas que favorezan a transformación dixital dos Parlamentos e de coordinar esforzos para explorar todos os recursos dispoñibles integrados na denominada administración electrónica, para ser máis eficaces no desempeño das tarefas que nos competen.

DIMENSIÓN EUROPEA

Na declaración conxunta, os membros da Coprepa tamén manifestan a súa preocupación respecto á crecente escalada global de ataques terroristas que afectan de xeito particular á Unión Europea.

"Hoxe máis que nunca, necesitamos contar cunha voz común dos parlamentos autonómicos españois ante a Unión Europea, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise das persoas refuxiadas e o "Brexit". Os actuais retos esixen unha reflexión sobre o futuro da Unión e unha vontade decidida para conseguir unha Unión Europea mellor e máis democrática", recollen entre os seus compromisos.

ASISTENTES Á REUNIÓN

Baixo a presidencia de Pedro Sanjurjo, presidente de Coprepa dende o pasado 15 de xaneiro, neste cumio parlamentario participaron Juan Pablo Durán Sánchez (Parlamento de Andalucía), María Dolores Gorostiaga Saiz (Parlamento de Cantabria), Ana Lourdes González García (Parlamento de La Rioja), Rosa Peñalver Pérez (Asemblea Rexional de Murcia), Enric Xavier Morera Català (Corts Valencianes), Jesús Fernández Vaquero (Cortes de Castilla-La Mancha), Carolina Darias San Sebastián (Parlamento de Canarias), Ainhoa Aznárez Igarza (Parlamento de Navarra), Branca Martin Delgado (Asemblea de Extremadura), María Consuelo Huertas i Calatayud (Parlament de les Illes Balears) e Silvia Clemente Municio (Cortes de Castilla e León).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta