CC.OO. e UGT Galicia comprométense a loitar por un cambio de políticas con motivo da celebración do 'Día da Patria'

Os sindicatos CC.OO. e UGT Galicia comprometéronse, con motivo da celebración do 'Día da Patria, a loitar por "un cambio de políticas" en caso de que o Goberno galego "renuncie a mellorar as condicións de vida e de traballo para a cidadanía".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2016 | Actualizada ás 13:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os sindicatos CC.OO. e UGT Galicia comprometéronse, con motivo da celebración do 'Día da Patria, a loitar por "un cambio de políticas" en caso de que o Goberno galego "renuncie a mellorar as condicións de vida e de traballo para a cidadanía".

Nunha declaración conxunta, os dous sindicatos fan mención á situación que vive actualmente a Comunidade galega na que, "máis que unha recuperación, se mantén o emprego precario e o abandono do mercado laboral".

Así mesmo, as organizacións sindicais denunciaron que o Goberno galego "se limitou a facer o que se ordena dende Madrid", mentres "permanece impasible ante o desmantelamento dos sectores estratéxicos da economía galega, e as súas únicas medidas foron recorte sobre recorte".

En concreto, os sindicatos apuntaron a que nove de cada dez contratos son de carácter temporal, e nacen con data de caducidade. Ademais, as políticas promovidas pola Xunta, argumentan, tradúcense na "perda de dereitos sociais, conxelacións ou redución de salarios, polo que Galicia está máis empobrecida".

DECLARACIÓN SINDICAL

Por outro lado, CC.OO. e UGT sinalaron que "se a Xunta non ten propostas" o movemento sindical si as ten, e abranguen dende reforzar o sector industrial, recuperar a construción, avanzar en servizos e aproveitar as vantaxes competitivas do sector primario, entre outras iniciativas.

Ademais, manifestaron que están "amplamente lexitimados" para facer estas propostas, tanto na súa afiliación, coma polos apoios que lles outorgan "a maioría dos traballadores do país" nas eleccións sindicais.

Así, tamén engadiron que outras das actuacións para mellorar as condicións laborais dos galegos é a integración da economía nos fluxos internacions, con especial atención á Eurorregión Galicia-Norte de Portugal, así como, aproveitar a posición estratéxica de Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta