Temas: ANIMAIS CAN LIBERA

Seis anos sen axudas para entidades protectoras de animais

Libera denuncia que existen localidades galegas que "incumpren" a normativa autonómica que obriga a dispoñer de servizos de recollida de animais abandonados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2016 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera denunciou que fai seis anos que a Xunta "non convoca" axudas para entidades protectoras de animais que, en "grande parte dos casos", chegaron a suplir as competencias municipais no benestar e a protección animal.

Un can abandonado camiña por unha autovía
Un can abandonado camiña por unha autovía

Nun comunicado, sinalou que existen localidades galegas que "incumpren" a normativa autonómica que obriga a dispoñer de servizos de recollida de animais abandonados e que, por esta razón, estas accións teñen que ser levadas a cabo por organizacións sen ánimo de lucro.

Neste sentido, os animalistas aseguraron que, en certos casos, as entidades se ven obrigadas a prestar este servizo sen "contraprestación económica" municipal e, mesmo, a pagar "custosas operacións" a cans maltratados e a recuperación de gatos envelenados.

Libera ha asegurado que a Xunta "incumpre" a lei de 1993 e a disposición adicional "apoiada no Parlamento polo PP" en 2014, onde se sinalaba o "compromiso" da Administración autonómica cos colectivos e o desenvolvemento de campañas e iniciativas de sensibilización.

Por este motivo, a asociación animalista instou a crear unha liña de "axudas a fondo perdido" para que as protectoras poidan sufragar os gastos relativos ao rescate e a rehabilitación de animais abandonados, así como o mantemento dos seus refuxios.

Temas: ANIMAIS CAN LIBERA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta