Un incendio obriga a evacuar os veciños dun edificio do centro de Santiago

Un incendio obrigou a desaloxar na mañá deste domingo aos veciños dun inmoble de sete pisos situado na rúa da Rosa, en Santiago de Compostela. Ademais, debido ao fume, dous ocupantes do piso incendiado foron traslados ao hospital para recibir atención médica.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2016 | Actualizada ás 14:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un incendio obrigou a desaloxar na mañá deste domingo aos veciños dun inmoble de sete pisos situado na rúa da Rosa, en Santiago de Compostela. Ademais, debido ao fume, dous ocupantes do piso incendiado foron traslados ao hospital para recibir atención médica.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 8,20 horas e as lapas arrasaron por completo o salón da vivenda, que quedou totalmente afectada polo fume. Tamén alcanzaron o apartamento superior, que estaba desocupado no momento, pero que os bombeiros tiveron que ventilar.

Mentres duraron os labores de extinción, os axentes da Policía Local desaloxaron todo o edificio -composto de sete pisos-, agás dúas persoas que están encamadas. Despois de ser sometidos a unha valoración médica, os servizos sociais faranse cargo dos ocupantes da vivenda incendiada.

O persoal do 112 Galicia activou o operativo despois de recibir a chamada dunha persoa particular. Axiña, puxeron en marcha os bombeiros da cidade, os axentes de seguridade e unha ambulancia de Urxencias Médica.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta