Temas: FEIJóO XUNTA

Feijóo: "O noso non se salvagarda con murallas"

O presidente galego aposta pola diversidade e lembra que, ao longo da súa historia, os "pobos aparentemente pequenos, non están condenados a selo se tecen redes de cooperación e colaboración".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2016 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou durante a entrega das Medallas de Ouro de Galicia que a cultura e todo aquilo que compón a Comunidade, "o noso", "non a salvagarda con "murallas, senón en grandes conxuntos que respecten as diversidades", polo que pediu inspiración ao Apóstolo, "un refuxiado que funda o espírito europeo".

Feijóo durante a entrega das medallas de ouro de Galicia
Feijóo durante a entrega das medallas de ouro de Galicia | Fonte: EP

Así o manifestou este domingo no acto de entrega, que tivo lugar na Cidade da Cultura, e nunha declaración na que asegurou que Galicia aprendeu ao longo da súa historia que os "pobos aparentemente pequenos, non están condenados a selo se tecen redes de cooperación e colaboración".

Así mesmo, destacou, en relación aos catro galardoados nesta edición, que "Galicia é un país de síntese, tradicional e moderna" e que, ademais, o común denominador dos catro premiados é a innovación sen romper nin menosprezar a tradición.

Neste sentido, tamén manifestou que son "heroes comúns e case sempre descoñecidos" que cumpriron co seu deber con Galicia e que, en ocasións, non é necesario buscalos nos libros de historia, nin en monumentos, senón que "aparecen nas familias, nos traballos e os acontecementos diarios".

Por esa razón, concluíu, "cada xeración entrega a remuda á seguinte", e nunca se comeza de cero: "nin na música, nin na escultura, nin na literatura, nin na arquitectura", disciplinas que foron recoñecidas no acto que outorga o maior recoñecemento da Comunidade galega.

Concretamente, foron premiados neste 2016 o arquitecto Manuel Gallego Jorreto, o pintor Francisco Leiro Lois, o catedrático en Filoloxía Románica, Basilio Losada e o grupo Los Suaves, o vocalista da cal non puido asistir tras sufrir un incidente nun concerto.

Temas: FEIJóO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta