Un xornalista e un fotógrafo da publicación irlandesa Irish Magazine visitará Galicia

Un xornalista e un fotógrafo da publicación irlandesa Irish Magazine visitarán Galicia nos próximos días co obxectivo de coñecer parte da oferta turística da Comunidade galega.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2016 | Actualizada ás 17:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un xornalista e un fotógrafo da publicación irlandesa Irish Magazine visitarán Galicia nos próximos días co obxectivo de coñecer parte da oferta turística da Comunidade galega.

Esta viaxe, que organiza Turismo de Galicia, ten como finalidade dar a coñecer o destino galego e a súa oferta turística no Irlanda, país do que cada vez proceden máis visitantes á Comunidade, segundo explica a Xunta.

Concretamente, nos primeiros catro meses do ano 2016, visitaron Galicia un total de 7.010 persoas procedentes da illa irlandesa, fronte aos 5.640 do mesmo período do ano anterior, o que supón un incremento do 24,29% nos turistas procedentes.

Os xornalistas invitados coñecerán de primeira man os reclamos turísticos da Comunidade e "plasmarán a súa experiencia en varias reportaxes que se publicarán na revista para explicar Galicia como destino aos seus lectores".

A Xunta explica que o obxectivo destas viaxes é conseguir un mellor coñecemento da oferta existente nun lugar a nivel turístico e, así, "poder contalo dende un punto de vista persoal e reproducindo experiencias de forma directa e detallada".

CAMIÑO DE SANTIAGO

En canto ao Camiño de Santiago, dos 262.516 peregrinos que chegaron a Compostela en todo o ano 2015, 5.367 foron irlandeses, o que supón un 2,04% do total.

As previsións apuntan a que esta cifra será "superior", posto que, no que vai de ano, se contabilizaron 3.6000 peregrinos desta nacionalidade, un 2,5 por cento máis que no mesmo período do ano anterior e un 2,8% do total de peregrinos que chegaron á capital galega.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta