O presidente do Parlamento actuará este luns como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, será o encargado de representar ao rei Felipe VI na realización da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, que terá lugar este luns 25 de xullo na Catedral de Santiago. O xefe da Casa Real comunicou a principios do mes de xullo a Miguel Santalices a súa designación como delegado rexio para este acto.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2016 | Actualizada ás 07:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, será o encargado de representar ao rei Felipe VI na realización da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, que terá lugar este luns 25 de xullo na Catedral de Santiago. O xefe da Casa Real comunicou a principios do mes de xullo a Miguel Santalices a súa designación como delegado rexio para este acto.

No escrito de aceptación, Santalices Vieira agradeceu en nome propio e do Parlamento a "alta honra" que supón ser elixido para exercer a representación de El-Rei nesta ofrenda, instaurada por Felipe IV en 1643.

Miguel Santalices toma así o relevo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que exerceu como delegado rexio na Ofrenda de 2015. Esta era, ademais, a segunda vez que o Feijóo realizaba este encargo, xa que foi designado tamén en 2009 e estaba previsto que fose o delegado rexio en 2013, un acto que finalmente se suspendeu polo tráxico accidente ferroviario de Angrois.

Nos últimos anos, dende 1999, o rei Juan Carlos realizou a Ofrenda ao Apóstolo en tres ocasións --1999, 2004 e 2010--, coincidindo co Ano Santo; mentres que o rei Felipe VI a fixo en 2014, coincidindo co ano da súa proclamación e co primeiro aniversario do accidente do Alvia.

OUTROS DELEGADOS REXIOS

En anos anteriores, os encargados de realizar esta ofrenda foron o exalcalde popular de Santiago Ángel Currás, que realizou a ofrenda en 2012, e a expresidenta do Parlamento galego, a popular Pilar Rojo, que fixo o propio en 2011.

Pola súa banda, o expresidente da Xunta popular Manuel Fraga oficiou a Ofrenda en 2000; o exalcalde socialista de Santiago Xosé Sánchez Bugallo en 2001, 2005 e 2008; a infanta Cristina foi delegada rexia en 2002; o expresidente da Xunta socialista Emilio Pérez Touriño actuou como tal en 2006 e a expresidenta do Parlamento galego socialista Dolores Villarino o fixo en 2007.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta