Campioas de España

A Selección Galega feminina de fútbol praia sumou todos os partidos como vitorias, venceu 6-5 na final a Melilla e Andrea Mirón 'Polly' foi elexida mellor xogadora do torneo disputado en Badaxoz.

Por gcdeportes | Compostela | 25/07/2016 | Actualizada ás 08:59

Comparte esta noticia

Éxito da Selección Galega feminina de fútbol praia, que se proclamou esta fin de semana campioa de España en La Albuera (Badaxoz), contando todos os partidos por vitorias e sumando tamén os premios individuais.

Galicia foi a mellor do torneo, aínda que Melilla non llo puxo nada doado. Xa na fase de grupos, as galegas tiveran que agardar á tanda de penaltis para decidir o encontro. Na final, todo parecía feito despois do 3-0 dos primeiros minutos, pero as melillenses foron acurtando distancias ata empatar 5-5 a tres minutos do final. Pero a reacción galega foi inmediata e un gol de Sara volvía poñer a Galicia por diante, aguantando sen maiores problemas ata o pitido final, cando se desatou a euforia no equipo galego que dirixe Beni.

Ademáis do éxito colectivo, a xogadora galega Andrea Mirón Polly foi elexida como a mellor xogadora do campionato. E houbo premio para as dúas porteiras, xa que Galicia foi a selección menos batida do torneo.

A Selección Galega celebra co trofeo de campioa de España.
A Selección Galega celebra co trofeo de campioa de España. | Fonte: @futgal

Pola Selección Galega xogaron Ana, Vanessa, Marta, Andrea Mirón Polly, Eva Bermúdez, Raquel, Andrea Carid, Carol, Nati, Karen e Sara. O corpo técnico estaba composto por Benito Pastoriza Beni (seleccionador), Quique Sánchez (axudante), Alba Rodríguez (fisioterapeuta) e Manuel Pan Pino (material).

Andrea Mirón 'Polly', elexida mellor xogadora do torneo.
Andrea Mirón 'Polly', elexida mellor xogadora do torneo. | Fonte: @futgal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta