Os fogos do Apóstolo lideraron as audiencias en Galicia, con picos do 32,2% de cota de panta

A retransmisión dos lumes do Apóstolo o domingo 24 pola noite en Televisión de Galicia lideró a programación de entretemento e as audiencias do 'prime time' en Galicia, ao alcanzar unha cota de pantalla media do 19,3%, durante as máis de dúas horas de duración, aínda que chegou a ter picos do 32,2% de cota de pantalla.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2016 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A retransmisión dos lumes do Apóstolo o domingo 24 pola noite en Televisión de Galicia lideró a programación de entretemento e as audiencias do 'prime time' en Galicia, ao alcanzar unha cota de pantalla media do 19,3%, durante as máis de dúas horas de duración, aínda que chegou a ter picos do 32,2% de cota de pantalla.

Ademais, lográronse 230.000 telespectadores ás 23,43 horas, cando se alcanzou o minuto de ouro e o máis visto de televisión en Galicia nesta fin de semana. O programa contou cunha audiencia total de 386.000 telespectadores.

En cada un dos días da fin de semana, a TVG foi a canle máis vista en Galicia, tanto no seu conxunto, como no 'prime time'. Tamén foi a canle autonómica coa cota de pantalla máis alta, cada día desta fin de semana e nos horarios de máximas audiencias.

O sábado 23, a TVG alcanzou a cota de pantalla máis alta de todas as canles que se puideron ver en Galicia, un 11,7%, logrando superar o seu competidor máis próximo en 2,2 puntos de cota (Tele5, cunha cota de 9,5%). No prime time foi de novo a referencia, cunha cota de pantalla do 14,2% e superando a canle máis próxima en 2,6 puntos, (Tele5, cun 11,6%).

A TVG contou co programa máis visto desta xornada, o partido amigable entre Nacional de Montevideo e o Real Club Celta de Vigo, seguido polo informativo Telexornal Mediodía e polo programa de entretemento Bamboleo.

Ademais, alcanzou cinco das dez emisións máis vistas na xornada, así como o minuto de ouro do sábado, ás 23,52 horas, durante a retransmisión do encontro de fútbol, no que se alcanzou unha audiencia de 153.000 espectadores.

O domingo 24, a TVG repetiu liderado cun 10,8% de cota de pantalla no conxunto do día e superando o seu competidor máis próximo (La1, cun 10,1% de cota). No prime time do domingo, a cota de pantalla da TVG disparouse ata un 15,1%, superando o seu competidor máis próximo en 4,1 puntos (Antena 3).

A programación do Día de Galicia continúa este luns coa Gala 31 aniversario da TVG, que se transmite dende Estudo de gravación 1.000 de Montouto. Presentada por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro, contará coa presenza de algunhas das caras máis coñecidas da Televisión de Galicia e ofrecerá as actuacións de Susana Seivane, Davide Salvado, Os resentidos, SonDeSeu, Cristina Pato, De Vacas, Xabier Díaz e os raperos Aid, Wöyza, El Puto Coke e Davbeat&Risk, entre outros artistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta