Podólogos recomendan aos peregrinos levar varios pares de calzado para alternar e utilizar calcetíns sen costuras

O Ilustre Colexio Oficial de Podólogos da Comunidade Valenciana recomenda aos peregrinos utilizar calzado cómodo, levar máis dun par para alternar e utilizar calcetíns cen por cento de algodón e sen costuras para que os pés poidan transpirar e se manteñan secos.

VALENCIA | 25/07/2016 | Actualizada ás 18:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Ilustre Colexio Oficial de Podólogos da Comunidade Valenciana recomenda aos peregrinos utilizar calzado cómodo, levar máis dun par para alternar e utilizar calcetíns cen por cento de algodón e sen costuras para que os pés poidan transpirar e se manteñan secos.

Os podólogos valencianos formularon estas recomendacións nun comunicado, con motivo das rutas de peregrinación do Camiño de Santiago que alcanzan en verán o seu punto álxido cunha maior afluencia de peregrinos que colapsan os municipios de paso e a súa chegada á capital de Galicia.

Durante o mes de xuño de 2016 na Oficina do Peregrino recibíronse case 40.000 peregrinos que realizaron as rutas a pé, en bicicleta, a cabalo ou en cadeira de rodas, chegados principalmente de diversos puntos de España, EE.UU., Portugal e Francia.

Para facer máis levadeira a peregrinación, o Ilustre Colexio Oficial de Podólogos da Comunidade Valenciana ofrece aos peregrinos unha serie de recomendacións para que poidan evitar as doenzas e lesións máis habituais nos pés durante a realización do Camiño de Santiago polas súas diferentes rutas de peregrinación.

As etapas xacobeas caracterízanse por atravesar camiños abruptos, cubertos de pedras e maleza e con moitas pendentes. Os profesionais da Podoloxía aconsellan utilizar un calzado cómodo e, a ser posible, levar máis dun par para poder alternar.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta