Detectan unha vertedura no río Maior entre Bergondo e Sada (A Coruña)

Efectivos do Concello de Bergondo (A Coruña) detectaron este luns unha vertedura no río Maior, na súa canle dende a veciña localidade de Sada ata a zona de Lubre.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2016 | Actualizada ás 19:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Efectivos do Concello de Bergondo (A Coruña) detectaron este luns unha vertedura no río Maior, na súa canle dende a veciña localidade de Sada ata a zona de Lubre.

Segundo informaron dende a casa do concello, un operativo formado por Protección Civil de Bergondo, Policía Local, Policía Autonómica, Garda Civil e técnicos da empresa encargada do servizo de saneamento remontaron o río dende o punto de detección ata unha zona empresarial de Sada, onde se sitúa a orixe.

As augas tiñan un aspecto "turbio e xabonoso", aínda que non ulían. Protección Civil deu conta da situación a Augas de Galicia e dende a Casa do concello esperan que se "de co responsable" desta acción.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta