Temas: PENSIóN

A pensión dos galegos sobe 1 euro en xullo e segue entre as máis baixas do Estado

O total de pensións alcanza na Comunidade galega as 755.033, cun importe medio de 763,22 euros, case 300 euros menos que a media esttal.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/07/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A pensión media por xubilación en xullo en Galicia subiu lixeiramente con respecto ao mes anterior e situouse nos 866,97 euros, fronte aos 865,74 euros de media de xuño, o que a mantén como case a máis baixa do Estado, só por diante de Extremadura (862,07 euros de media). O número de pensións desta categoría elévanse a 468.591, tamén por enriba das que había o mes anterior, con 468.052.

Os roubos a persoas anciáns comeza a ser habitual en Galicia
Os roubos a persoas anciáns comeza a ser habitual en Galicia | Fonte: elconfidencial.com

Segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o conxunto das pensións en Galicia situouse nas 755.033 no mes de xuño, cun importe medio de 763,22 euros, o que supuxo un crecemento do 2% en relación ao mes de xullo de 2015 e un 0,6% máis que o mes xusto anterior.

Se se teñen en conta as pensións medias por xubilación, a provincia de Pontevedra, con 925,74 euros sitúase á cabeza co importe máis alto e un total de 145.123 prestacións. A Coruña acumula o maior número de beneficiarvos, con 180.188 persoas que cobran unha xubilación, pero o importe medio é algo menor, con 921,39 euros de media.

Pola súa banda, en Lugo hai 74.472 pensionistas xubilados que cobran de media 756,02 euros; e en Ourense 68.808 xubilados cunha prestación media de 720,59 euros.

Á marxe das pensións por xubilación, en Galicia alcanzáronse as 187.031 pensións por viuvez, con 540,55 euros; 69.109 euros por incapacidade permanente con 826,07 euros de media; 24.205 por orfandade, cunha prestación media de 368,26 euros; e 6.097 en favor de familiares, cunha contía media de 475,56 euros.

NO CONXUNTO DO ESTADO

No conxunto do Estado, a pensión media de xubilación alcanzou a principios deste mes os 1.043,48 euros mensuais, o que supón un 2,1% máis respecto a xullo de 2015.

Pola súa parte, a pensión media do sistema, que comprende as distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), foi, en xullo, de 904,14 euros mensuais, o que supón un aumento interanual do 1,88%.

A Seguridade Social destinou no presente mes de xullo a cifra marca de 8.514,9 millóns de euros ao pagamento das pensións contributivas, un 3,09% máis que no mesmo mes de 2015. O gasto global do conxunto de pensións chegou a superar o 8% interanual na antesala da crise (2008).

Tras 14 meses consecutivos subindo a taxas interanuais inferiores ao 3%, xa son tres os meses consecutivos nos que se volveu superar esta cifra.

A maior parte dos case 8.515 millóns de euros destinados a pagar a nómina das pensións foi para ás pensións de xubilación, con 5.984,8 millóns de euros (+3,8%), seguido das pensións de viuvez, ás que se dedicaron 1.506,2 millóns de euros (+1,4%).

Pola súa banda, ás pensións de incapacidade permanente destináronse 874,6 millóns de euros (+1,5%), as de orfandade supuxeron 128,2 millóns de euros (+1,8%) e as pensións en favor de familiares totalizaron máis de 20,9 millóns de euros (+3,5%).

NÚMERO DE PENSIÓNS

O número de pensións avanzou en xullo un 1,18% respecto ao mesmo mes de 2015, ata un total de 9.417.724, nova cifra marca. Aínda que a taxa de crecemento interanual de xullo é das máis baixas na serie histórica da última década, acelerouse respecto á de meses anteriores. Hai que remontarse a marzo de 2015 para atopar un avance interanual superior (+1,21%).

Do total de pensións, máis da metade, 5.735.483, foron pensións de xubilación, cun repunte do 1,6% respecto a xullo de 2015, mentres que 2.359.858 eran pensións de viuvez (+0,26%), 940.193 de incapacidade permanente (+0,78%), 342.338 de orfandade (+0,7%), e 39.852 a favor de familiares (+1,87%).

Temas: PENSIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Maduro

Con ZP en Madrid e o bipartito aquí as pensións galegas eran as mais baixas. Por debaixo das extremeñas. Hai que contalo todo.

1 anonimo

Que non te enteras, que para os nacionalistas PP e PSOE son o mesmo (ou cando menos fan as mesmas políticas neoliberais). Outra cousa é que se teña que chegar a acordos para formar goberno cando non hai maioria absolutra (e asi tentar mudar algo as cousas). Por certo, ¿as pensions decidense en Galiza ou en Madrid?. ¿Gobernou o bipartito en Madrid?. E si, sempre podemos decir que estamos mellor que os extremeños. Mais alguns aspiramos a estar coma catalans e vascos e desexamos que os extremellos conten con partidos propios que defendan mellor os seus intereses.

2 anonimo

Medidas como a reforma laboral (que precariza o emprego), privatizar empresas publicas rentables (un instrumento menos do estado para crear emprego e para recaudar) ou non contar con moeda propia para poder tomar decisions económicas. Todo isto contribue a que teñamos mais paro, mais salarios baixos e mais pensions baixas. E de todo isto teñen culpa os dous grandes partidos que coas suas decisions levannos a ser un país de desigualdade e probreza crecente. Agora ben, para cando alguns se den conta igual xa sexa demasiado tarde e non teñamos posibilidade de rectificar como os ingleses co Brexit, recuperando soberanía e apostando por emprego digno, impostos xustos, loita contra o fraude fiscal e defensa do publico.

1 Doutor Ghu

Que sexan as mais baixas tampouco é novidade. Aquí contribuiuse coas mínimas agrarias mentres que nas comunidades de xente estudiada cotizabase bastante máis.

1 Mandeo

comunidades de xente estudiada? a que te refires? á Sociedade de Historia Natural ou á Comunidade de Arqueólogos de Ohio? Menudo pailán