Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

14 pepiño

Canto odio destilan estes upegallos....Perder o poder os puxo coléricos. Acabouse para moitos andar metendo fariña a "saco" polo fuciño. Acabouse o de "operar" coas empresiñas que tiñan montado Alberte Ansede, Alberte Souto e Jose Luis Bazarra...Acabarónselles as falcatruadas e andan doentes. Agora montar un Sindicato agrario paralelo e difícil(non se pode botar man da Administracion como fací o PP) e andan doentes. Xa non saben faer nada sen montón de euros.
Sabedes que para facer unhas xornadiñas sobre Prisciliano o Grilo (upegallo) gastou dos millóns de pesetas subvención das Consellerías upegallas. Leva toda a vida na sede da UPG. O pobriño e o faime rir nas asembleas. E agora disqe é empresario. Si si na Rede de Empresarios galegos. Mirade a súa web e tamén os enlaces: elocuentes. A mesmiña corrupción que no PP. entrade, entrade..E veredes ónde ten a sede esa "asociación": onde está asciacion cuñltural O Galo....Un niño de corrupción.
E logo falan dun despido como unha cousa terrible e para dimitir..¡¡manda huevos!!

13 Pepe

Acabo de tomarme a molestia de baixar toda a docuemntación. Inda non saín do meu abraio.

Endexamais fago caso dos dimes e diretes que hai na rede. Máis que información hai desinformación.

Neste caso sen embargo a denuncia está documentada e resulta espeluznante.

Beiras, dimite se sabías que había todo isto.

Espero que non dimitas porque desexo de verdade e de todo corazón que non soubeses nada disto. Pero esta muller non pode ir na túa lista.

12 VMS

Lede este artigo, desternillante:

http://carballodixital.blogspot.com...

11 xulio

Dende logo o que pasa no SLG non é de broma que unha persoa seña despedida por estar casado cun avogado da CIG, manda carallo, esto dende logo é para levar a un programa da prensa rosa. Na actualidade ainda son afiliado a este sindicato, pero o que teño moi claro é que Lidia Senra hoxe fixo o seu enterro político, gustariame saber porque os responsables desta filtración, non no lo comunicaron antes os afiliados, eu propoño que este burofax implica dimisións xa, os asignantes e responsables deste burofax debe dimitir xa, que non esperen nen un minuto maís, dende logo tanto Lidia como Carmen, Lolo Docampo, Ana de Chantada, Charo, Isabelita Villalba, Mariano da Baña, Adolfo Cabarcos, Xosé Manuel de Oroso, Xosé MAnuel Parente(que non sabe facer nada) deben asumir responsabilidades e dimitir da executiva xa, sei que non o van a facer porque isto significa perder un salario, son moi labregos pero cun salario do SLG de mais de 750 euros que nunca se atreveron a decilo nunha dirección nacional, cando houbo varios membros da Dirección Nacional que pediron saber o que gañaba cada quen.

10 porcamiseria

Hai unha que se chama Raquel Vizcaya que a meteu enchufada na Xunta durante un ano a sua amiga upegalla Mónica Velasco. Pois esta tipa fixo alí o mesmo que facían os do PP: durante as eleccións no SLG adicouse a estar todo o día chamando por teléfono. Gastou nun mes ela soliña 390 euros de teléfono dos contribuintes. Esta individua ía na candidatura contraria a Lidia Senra. ¡¡Vivir para ver e oir!!. E logo adícabase a falar cun tal da Cal e lle decía "con esta imos acabar nun par de mses" (por Lidia Senra). E o tel´fono seguíano a pagar os contribuintes....
¿E logo falamos de Lidia Senra?. ¡que pouca vergnza!.