Publicadas as axudas por 2 millóns de euros para incentivar a contratación de parados de longa duración

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na edición deste martes as axudas para incentivar a creación de emprego entre os parados de longa duración, para o que o Goberno galego inviste dous millóns de euros. O obxectivo da Xunta é reducir a taxa de paro ata o 10% en 2020.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2016 | Actualizada ás 12:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na edición deste martes as axudas para incentivar a creación de emprego entre os parados de longa duración, para o que o Goberno galego inviste dous millóns de euros. O obxectivo da Xunta é reducir a taxa de paro ata o 10% en 2020.

As axudas da Consellería de Emprego varían segundo a modalidade de contrato, entre os 2.500 e os 23.000 euros. Neste caso, existen dúas modalidades no programa: para contratacións indefinidas iniciais e para as transformacións de contratos temporais en indefinidos.

Concretamente, segundo explica a consellería nun comunicado, apoiaranse as contratacións realizadas dende o 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro deste mesmo ano.

A iniciativa enmárcase no Plan de axudas aos parados de longa duración aos que o Goberno galego destinará un total de 10 millóns de euros. A esta iniciativa, súmase un programa de orientación para incrementar nas oficinas de emprego o número de titores especializados que deseñan o itinerario personalizado de inserción (IPI) de cada desempregado e para a mellora da formación do persoal do Serrivio Público de Empleo de Galicia (SPEG).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta