AGE propón estudar a creación dun corpo mixto que vixíe as praias e zonas de extracción de recursos do mar

Defende que sexa obrigatorio por lei que todas as praias de baño teñan socorristas, que suban os seus salarios e traballen un mínimo de catro meses

Santiago de Compostela | 26/07/2016 | Actualizada ás 12:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Juan Manuel Fajardo esixiu ao "irresponsable" Goberno de Feijóo medidas para que Galicia deixe de ter o "mérito lamentable" de contar coa costa na que se producen "máis mortes" polo uso lúdico das súas praias. Nesta conxuntura, formulou a posibilidade de analizar a creación dun corpo mixto de profesionais que poida vixiar a seguridade dos areais e tamén as zonas de extracción de recursos.

Nunha rolda de prensa na Cámara, o parlamentario reafirmouse en que "as políticas de recortes custan vidas" e sinalou como exemplo os ahogamientos nas praias, ao tempo que incidiu en que cubrir catro meses (de xuño a setembro) "o cen por cento" das praias galegas - -772-- tería un custo "asumible" de 26,5 millóns de euros, o que non chega ao 6% dos 445 millóns reservados pola Xunta para políticas de emprego e empresariais.

Como alternativa, ha subliñado que cubrir o mesmo prazo os 193 areais de baño habitual "a penas supera os 7 millóns de euros".

E é que Fajardo reivindicou a importancia de facer obrigatoria por lei a presenza de socorristas en todas as praias, ao igual que acontece nas piscinas privadas, e tamén de que estes profesionais vexan aumentado o seu salario (que non cobren menos de 1.000 euros), así como o período laboral (a un mínimo de catro meses).

O "ideal", incidiu, sería que traballasen seis meses, de forma que os que posúen o título habilitante vexan exercer como socorrista unha alternativa laboral real. Ao tempo, insistiu en que o seu salario debería ser asumido ao cen por cen" pola Xunta, co fin de que non houbese "discriminacións" entre os concellos, que, en ocasións, se ven en "dificultades" para poder acometer os contratos cos fondos que financia a Xunta.

"(Alfonso) Roda e o resto do Goberno deben dicir se isto é unha cuestión de diñeiro. Parece que cumprir os límites do déficit está por enriba das vidas; e os socorristas non son só un servizo para manter as bandeiras azuis, senón as vidas", reflexionou Fajardo.

PROPOSTA DE CORPO MIXTO

En esta conxuntura e co fin de avanzar na "profesionalización", avogou por falar co sector do mar e estudar a posibilidade de crear un corpo mixto que combine as necesidades dos areais lúdicos cunha solución para abordar a vixilancia que, en ocasións, se ven "obrigados a realizar os propios traballadores do mar, como as mariscadoras" para manter os seus permisos.

Así, propuxo analizar como opción articular un grupo de profesionais que se encargue non solo da vixilancia en seguridade das praias, senón tamén na extracción de recursos do mar.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta