SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2016 | Actualizada ás 14:32 por EUROPA PRESS
A Cámara galega acolleu este martes a presentación dos catro tomos editados nos que se recollen os discursos parlamentarios do expresidente Manuel Fraga, uns textos nos que, en palabras de quen lle sucedeu á fronte do PPdeG, o presidente Alberto Núñez Feijóo, "latexan palabras dun grande servidor público" e de quen soubo "actualizar a mensaxe galleguista".
De Fraga, tanto Feijóo, como o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o autor do prólogo, Bieito Rubido, rememoraron a súa vertente "intelectual" e de "home de Estado", un político de "palabra e acción" cunha dilatada traxectoria, o "punto escuro" da cal --apuntou o xornalista-- foi "a crise de comunicación" do accidente do 'Prestige'.
O acto, ao que acudiron o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o vicepresidente, Alfonso Rueda; o expresidente socialista Emilio Pérez Touriño; así como varios exconselleiros de Fraga e deputados populares e socialistas, serviu para "recoñecer" a traxectoria de Fraga, as súas actuacións sen "alterar a unidade esencial que distingue a Galicia".
Del, o seu sucesor á fronte do PPdeG, quen tamén formou parte do seu último Goberno primeiro como conselleiro e despois como vicepresidente, destacou que logrou que o reformismo galleguista "cobrase un novo vigor para converterse nunha forza transformadora activa e gañadora".
Porque os galegos o quixeron votar, con 'v,', durante 16 anos, sempre que houbo eleccións. Con el Galicia completa a súa denominación constitucional como nacionalidade histórica para ser unha nacionalidade no presente e no futuro. Na historia do parlamentarismo non sobran os políticos capaces de cativar coa palabra e a acción como don Manuel, que foi un político capaz de dicir e trasladar o que quería", resumiu Feijóo.
(HABERÁ AMPLIACIÓN CON FOTO)
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.