O Catastro regulariza 1,7 millóns de inmobles dende 2013, máis de 213.000 en Galicia

O maior número de regularizacións concéntrase en Lugo (85.289) e en terceiro lugar na Coruña (68.702)

Santiago de Compostela | 26/07/2016 | Actualizada ás 14:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Castastro, rexistro dependente do Ministerio de Facenda no que deben inscribirse todo tipo de inmobles, regularizou case 1,7 millóns destes bens dende 2013 ata o pasado 20 de xullo, en 4.340 municipios, segundo datos do gabinete de Cristóbal Montoro, que reflicten que en Galicia, nese período, regularizáronse 213.017 inmobles.

Trátase dos últimos resultados do Plan de Regularización Catastral (2013-2016), ligado a loita contra a fraude, que continuará durante todo este ano e parte de 2017.

O obxectivo deste plan é chegar á maioría de municipios. Polo momento, hai 6.331 municipios en regularización. Deles, finalizouse o proceso en 4.154, mentres que en 456 municipios atópase en curso e en 1.721 só se iniciou.

A importancia destas cifras radica no grande pulo que supón para os ingresos locais. Así, co inicio do plan estableceuse unha taxa de 60 euros por cada inmoble que fora regularizado, a pagar polo titular catastral, que perseguía autofinanciar a devandita regularización.

Ademais, esta regularización supuxo automaticamente maiores ingresos polo Imposto de Bens Inmobles (IBI) para os concellos.

Segundo os datos de Facenda, o 70% das regularizacións correspóndense con novas construcións (33%), ampliacións (31%), reformas e cambios de uso (29%) e piscinas sen declarar (5%).

Desta forma, a recadación extraordinaria no IBI por estas regularizacións ascende a 1.254 millóns de euros, un 24% máis que o inicialmente previsto.

En conclusión, por cada euro invertido no Plan de Regularización Catastral, recuperáronse 16 euros a través do incremento da recadación no IBI.

Por outro lado, o número de inmobles regularizados en cada municipio equivale ao 8,6% dos inmobles urbanos do padrón e, de media, este increméntase un 3% en cada municipio.

GALICIA, A SEGUNDA QUE MÁIS REGULARIZOU

Por comunidades autónomas, o maior volume de inmobles regularizado atópase en Andalucía (373.224), Galicia (213.017), Castela e León (164.141), Comunidade Valenciana (149.749), Castela-A Mancha (141.135) e Cataluña (130.115).

Por porcentaxe equivalente a inmobles urbanos do padrón atópanse Aragón (16,8%), Galicia (15,3%), Castela-A Mancha (14,2%), Extremadura (13%), Cantabria (11,3%), Baleares (11%) e Castela e León (10%).

Por provincias, o maior número de regularizacións concéntrase en Lugo (85.289), Málaga (69.926), A Coruña (68.702), Alicante (66.333), Valencia (61.679) e Badaxoz (60.702).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta