Falece unha muller nun accidente de tráfico en Ourense

Unha muller faleceu no mediodía deste martes nun accidente de tráfico acontecido nas proximidades da cidade de Ourense, cando colisionou o vehículo que conducía contra un camión.

OURENSE | 26/07/2016 | Actualizada ás 17:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu no mediodía deste martes nun accidente de tráfico acontecido nas proximidades da cidade de Ourense, cando colisionou o vehículo que conducía contra un camión.

Segundo informaron a Europa Press dende o CAE 112-Galicia, o suceso aconteceu pouco antes das 14,00 horas no quilómetro 563 da N-120, no límite dos concellos de Ourense e Pereiro de Aguiar.

A muller, que se dirixía en dirección a Ourense, estaba a adiantar cando colisionou contra un camión que circulaba en dirección contraria.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos bombeiros de Ourense, que tiveron que excarcerar o corpo da vítima, que quedara atrapado no interior do vehículo. Así mesmo, desprazouse persoal sanitario do 061, que indicou que a falecida é a condutora do turismo.

Protección Civil e a Garda Civil manteñen activo un operativo para regular o tráfico, dado que un dos carrís de circulación permanece pechado e se xeraron fortes retencións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta