A Xunta reparte máis de 200.000 euros entre catro medios á conta da Axencia Tributaria Galega

La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso e El Diario de Pontevedra son os agraciados nesta nova campaña publicitaria. En total, o goberno de Feijóo leva repartidos xa máis de 8 millóns de euros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/07/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Servizo de insercións publicitarias para unha acción divulgativa denominada Campaña de sensibilización sobre a necesidade do pago de impostos para o mantemento do Estado do Benestar na Comunidade Autónoma de Galicia”. Con esta pomposa referencia a Xunta acaba de repartir máis de 200.000 euros (con IVE) entre catro medios galegos a conta da Axencia Tributaria Galega.

Os grandes medios de comunicación perciben axudas millonarias por parte da Xunta
Os grandes medios de comunicación perciben axudas millonarias por parte da Xunta | Fonte: sinsamarketing.com

Desta volta os beneficiados son La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra, estes dous pertencentes ao mesmo grupo. Quedan excluídas destas axudas o grupo La Región, o xornal de referencia de Ourense, así como o Grupo La Capital (Diario de Ferrol, El Ideal Gallego e Diario de Arousa) ou El Correo Gallego. Estes medios teñen un mes e sete días para realizar a campaña.

Novamente, La Voz de Galicia é quen máis recibe, máis da metade dos cartos, 85.000 euros (sen IVE) van para que este medio realice publicidade da Axencia Tributaria Galega para a provincia da Coruña e as cidades de Ferrol, Santiago e A Coruña.

O mesmo terá que facer o Faro de Vigo na provincia de Pontevedra e cidade de Vigo, para o que recibirá 34.000 euros (Sen IVE), e outro tanto El Progreso en Lugo por outros 34.000 euros (Sen IVE). Pola súa banda, Diario de Pontevedra terá que publicalo para a capital provincial.

NO que vai de ano, e sen contar aínda todos os convenios, a Xunta leva repartidos xa máis de oito millóns de euros entre os grandes medios de comunicación en materia de publicidade e propaganda. A última adxudicación que se coñece foron as que as consellerías de Economía e Medio Ambiente destinaron no primeiro cuadrimestre do ano,  case 770.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 A Tahona

E ó Sermón Paliza non lle deron nada?

1 Galego

Ahí ahí aproveita para meter caña que despois son os nacionalistas os que se equivocan de inimigo

1 HertoCan

claro, despois o problema son as subvencións que se leva a Mesa. Onde están agora todos eses que din que hai que deixar de subvencionar chiringuitos? Esto é terriblemente peor

1 Bufffff

¿E os tres millóns de pavos que lle deran ao sinvergonza do Tito para a mamoria histórica qué? A envexa é moi mala. O galego lémolo tres frikis, e así os medios en galego teñen unha audiencia residual ¿Ou é que GC lese tanto como a Voz o Faro, etc.? ¿E das subvencións que lle dan a GC os coleguillas de Lalín, concellos das Mareas, etc. qué dicimos? A ver cando vexo unha noticia aquí dicindo, Cuiña fillo, Ferreiro, Martiño, etc., deunos tanta pasta encuberta en anuncios para que llas mamáramos, falemos ben deles, etc. ¿Ou é que cres que aquí caímos dun guindo e non vemos que se ve a palla en ollo alleo e non a viga no propio? ¿Qué pasaba con GC e canta pasta recibía no bipartito? Din en Castella: Consejos vendo y para mí no tengo. Pois eso, rapaces.