Galicia rexistra un déficit do 0,26 ao PIB en xuño, case unha décima menos que no mesmo período do pasado ano

O déficit en Galicia sitúase no 0,26% ao Produto Interior Bruto (PIB) no primeiro semestre do ano, o que supón un descenso do 0,07% respecto ao mesmo período do 2015. Así, a comunidade galega está entre as rexións que cumpren co límite de déficit imposto polo Estado do 0,7% do PIB, mentres que solo Navarra e Extremadura non cumpren co obxectivo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2016 | Actualizada ás 19:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O déficit en Galicia sitúase no 0,26% ao Produto Interior Bruto (PIB) no primeiro semestre do ano, o que supón un descenso do 0,07% respecto ao mesmo período do 2015. Así, a comunidade galega está entre as rexións que cumpren co límite de déficit imposto polo Estado do 0,7% do PIB, mentres que solo Navarra e Extremadura non cumpren co obxectivo.

Segundo os datos publicados polo Ministerio de Facenda este martes, Galicia reduciu o seu déficit en 31 millóns de euros respecto ao ano pasado, cando rexistraba un déficit de 184 millóns polos 153 do mesmo período deste ano.

En canto aos datos estatais, o Estado rexistrou un déficit público de 21.343 millóns de euros no primeiro semestre do ano, un 1,4% menos que no mesmo período de 2015 en termos de Contabilidade Nacional. Este saldo equivale ao 1,9% do PIB, dúas décimas menos que o déficit rexistrado ata maio, pero unha cifra que aínda se sitúa por enriba do obxectivo fixado para este ano, do 1,8% do PIB.

RESULTADOS AUTONÓMICOS

As comunidades autónomas reduciron o seu déficit nun 24,8% ata maio respecto ao ano anterior, cun saldo negativo de 4.031 millóns de euros, o equivalente ao 0,36% do PIB. Esta cifra, aínda que é lixeiramente superior á rexistrada un mes antes, mantense por debaixo do obxectivo do 0,7% do PIB.

Máis en detalle, só obtiveron un superávit ata maio as comunidades autónomas de Asturias (0,16% do PIB), Canarias (0,01% do PIB) e A Rioxa (0,05% do PIB). Por outro lado, só incumpren ata a data o obxectivo de déficit do 0,7% as rexións de Extremadura (1,10% do PIB) e Navarra (0,95% do PIB).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta