O grupo Resonet presenta o seu novo disco 'Cantiga', no que recupera a música medieval galega

A Praza de San Domingos de Bonaval de Santiago acollerá este mércores, ás 20,00 horas, o concerto de presentación do novo disco do grupo galego Resonet, 'Cantiga', promovido pola Consellería de Cultura e no que recupera a música medieval galega.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2016 | Actualizada ás 06:44 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Praza de San Domingos de Bonaval de Santiago acollerá este mércores, ás 20,00 horas, o concerto de presentación do novo disco do grupo galego Resonet, 'Cantiga', promovido pola Consellería de Cultura e no que recupera a música medieval galega.

Segundo informou a Xunta, trátase do primeiro disco que esta formación dedica integramente á lírica medieval de trobadores galegos e portugueses, co obxectivo de difundir esta cultura e o interese por uns textos literarios que foron creados para ser cantados.

Neste traballo, Resonet, dirixido polo laudista Fernando Reyes, acolle cantigas de creadores medievais galegos e portugueses como Don Dinís, o xograr Lourenço, Pai Gómez Chariño, Meendiño, Martín Códax, Johan Zorro, Airas Núnes, Nuno Fernández ou Roi Fernándiz de Santiago.

Resonet iniciou o seu labor de recuperación da música vinculada ao Camiño de Santiago en 1990, co fin de contribuír á reprodución das obras musicais coa maior fidelidade posible ás fontes históricas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta